Noticias

Alumnos gallegos están convocados a una huelga y movilizaciones el miércoles 26 de octubre en contra de las reválidas y de la Lomce

Promovida por el Sindicato de Estudiantes y apoyada por la Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos (Ceapa), la jornada de huelga y de movilizaciones del miércoles 26 de octubre pretende poner encima de la mesa el malestar en contra de la Lomce y de las reválidas. Alumnos y familiares están apoyados, en el caso de Galicia, por la Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por los sindicatos UGT, CCOO y representantes de CONFAPA y de Escola Viva, entre otros.

Nota de prensa e comunicado da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público:

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia anunciou o seu apoio á xornada de loita contra as reválidas, que se celebra o 26 de outubro en todo o estado español. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia -configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva- celebrou hoxe unha rolda de prensa para explicar a súa postura e anunciar as mobilizacións previstas para o 26 de outubro nas sete cidades galegas. Na comparecencia ante os medios de comunicación participaron Gerardo Morano, en representación de Escola Viva; José Fuentes, de Ensino CCOO; Rafa Domínguez, de FeSP-UGT Ensino; Lois Taboada, voceiro de CONFAPA; e Diego Serantes, do Sindicato de Estudantes.

Os representantes da Plataforma insistiron en que o rexeitamento non é só as reválidas –“a medida máis agresiva do LOMCE, segundo explicou Lois Taboada”– senón que esixen “a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes sufridos nos últimos anos na ensinanza pública”.

Gerardo Morano explicou que a Plataforma apoia a xornada de folga educativa convocada polo sector do alumnado, así coma a proposta da CONFAPA, que promove un baleirado das aulas na nosa comunidade, e animou a toda a comunidade educativa a participar nas mobilizacións.

Lois Taboada destacou que esta xornada de mobilizacións e unha máis no longo camiño que comezou hai xa cinco anos e recordou que a comunidade educativa xa manifestou o seu rexeitamento as reválidas o pasado curso cando se realizou a de 6º de Primaria, “na que houbo un absentismo do 70%”. A CONFAPA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos) tamén manifestou o seu apoio á xornada de folga do alumnado porque “hai motivos dabondo e non os imos deixar sós, porque son os nosos fillos e imos estar con eles”.

José Fuentes, de CCOO, referiuse ao Real Decreto 310/2016 de 29 de xullo, que regula as reválidas, “que foi aprobado por un goberno en funcións o cal o deslexitima”. Fuentes tamén insistiu en que o obxectivo desta proba é “impedir o acceso á ensinanza superior a un número importante do alumnado”.

Neste mesmo sentido expresouse o voceiro de FeSP-UGT Ensino, Rafa Domínguez, ao sinalar que “mentres que nós apostamos por unha formación integral e integradora, estas medidas son segregadoras e van en contra de todos os criterios pedagóxicos”. Ademais Domínguez non entende que o futuro do alumnado, despois de 6 anos de formación, dependa dunha proba que se realiza en 5 intensos días.

Finalizou o representante do sindicato de estudantes, Diego Serantes, animando a toda a comunidade educativa a participar de forma activa nas mobilizacións do día 26 de outubro e destacou que “non é máis que unha nova protesta de todas as que estamos a facer contra a LOMCE”.

R., 2016-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES