Noticias

Doce espectáculos y el encuentro "Mujeres creando" centran la programación del Festival FITO 2016 en Ourense

La organización del Festival Internacional de Teatro de Ourense (HITO) presentó el programa de su novena edición, previsto entre el 7 al 19 de octubre con la participación de 12 compañías de España, Chile, Dinamarca y México. Además, por segundo año consecutivo, la muestra ourensana será el escenario del encuentro "Mujeres creando" para abordar e impulsar la igualdad en el ámbito escénico.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O festival, promovido polo Concello ourensán e organizado por Sarabela Teatro –recente Premio da Cultura Galega na categoría de artes escénicas–, volve contar este ano co apoio da Consellería de Cultura e Educación como un dos 22 festivais profesionais de artes escénicas e de música subvencionados a través da convocatoria específica de axudas públicas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Agadic, Jacobo Sutil; a directora do Teatro Principal, Olga Mojón; e a directora do FITO, Ánxeles Cuña, participaron na rolda na que se deu a coñecer a programación que se desenvolverá en tres espazos da cidade: Auditorio Municipal, campus universitario e Teatro Principal.

Jacobo Sutil subliñou que a axuda pública recibida polo Festival Internacional de Teatro de Ourense para levar a cabo a súa novena edición “supón recoñecerlle a súa singularidade e a súa relevancia artística” no conxunto de mostras escénicas que cada ano poboan o mapa cultural galego. “Un dos obxectivo da Consellería de Cultura e Educación é optimizar os recursos públicos destinados aos festivais galegos, eventos que consideramos de carácter estratéxico para a dinamización do sector cultural”, explicou.

O responsable da Agadic fixo fincapé nas catro producións galegas que poderán verse canda compañías chegadas doutros puntos de España e de Dinamarca, Chile e México. Así, a representación galega correrá por conta de Chévere, con ‘As fillas bravas’; Panadaría, con ‘Pan! Pan!’; Matarile Teatro, con ‘Antes de la metralla’; e Berberecheira con ‘Goldi libre!’.

Tamén forman parte desta carteleira ‘Así que pasen cinco años’, obra de García Lorca coproducida por Atalaya e o Centro Dramático Nacional; ‘Muñeca de porcelana’, de Bravo Teatro e con José Sacristán no elenco; o ‘Circo mediterráneo’ da compañía Rolabola; o teatro de obxectos da Companyia Pelmànec; e o último traballo de investigación de Los Hedonistas.

Ademais, os daneses Granhøj Dans regresarán ao FITO cunha nova proposta que explora a poética da danza; a compañía chilena La Llave Maestra presentará unha coprodución co Teatro Gayarre de Pamplona, que prescinde das palabras para falar das viaxes por pracer ou por obriga; e a mexicana Lagartijas Tiradas al Sol ofrecerá un relato sobre as comunidades menos coñecidas da súa sociedade.

Dentro das actividades paralelas, este ano celebrarase o segundo encontro ‘Mulleres creando’, que dá voz a profesionais galegas e de fóra de Galicia para intercambiar experiencias no ámbito das artes escénicas e da cultura en xeral. O programa desta segunda edición articúlase arredor de dúas mesas redondas sobre o xénero nas artes escénicas e sobre a situación da danza en Galicia.

R., 2016-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES