Noticias

Los sindicatos CC.OO. y UGT denuncian los 50.000 empleos precarios en el sector de la hostelería como la "cara B" del turismo en Galicia

Los sindicatos CC.OO. y UGT denuncian la situación laboral de miles de trabajadores del sector de la hostelería en Galicia y advierten de que cada vez hay más "falsos autónomos" y de que se están incrementando prácticas como la externalización de los servicios y los contratos en prácticas o a tiempo parcial para el desarrollo de las mismas tareas. Los sindicatos consideran que estas "condiciones precarias" constituyen la "cara B" del turismo gallego.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

A rama de actividade da hostalería e restauración dá traballo a 77.000 persoas en Galicia. Son 40.000 traballadores asalariados dos servizos de restauración, 19.400 camareiros e cociñeiros propietarios e 12.000 directores e xerentes de empresas de aloxamento, restauración e comercio. Na actualidade atopámonos cunha situación no mercado laboral froito da crise económica iniciada no ano 2008, que provocou unhas elevadas cifras de desemprego e exclusión social, así como, unha redución nos ocupados das condicións socio-laborais reflectidas en baixos salarios, temporalidade e parcialidade.

É un sector que tivo un incremento da ocupación no período de crise. Pero hai que ter moi en conta dous aspectos que categorizan esta actividade. Por un lado, un elevadísimo peso da contratación a tempo parcial, se no conxunto de actividade económica a parcialidade é dun 15% do total, nesta rama supérase o 26%. É unha das ramas de actividade económica con maior parcialidade.

Por outro lado, nesta rama de actividade hai unha elevadísima temporalidade, estacionalidade e rotación laboral. A estacionalidade ven reflectida nos datos do terceiro trimestre, sendo este onde máis emprego hai na rama, quince mil máis que no primeiro trimestre do ano no que hai menor ocupación.

A temporalidade compróbase ca tipoloxía da contratación rexistrada. Se no total de contratos realizados en Galicia no ano 2014, 95 de cada cen son temporais, no caso da hostalería son máis temporais, 96 de cada cen.

A rotación laboral, é dicir, cantos contratos hai que realizar para ter un emprego, neste sector é moito máis elevada que na media dos sectores de actividade económica. Tan só centrándonos no número de contratos rexistrados dende 2009 hai un aumento na hostalería de nada menos que o 97%, é dicir, case duplícase o número. Na media dos sectores este incremento é do 15%. Para aumentar a ocupación dende 2009, tan só nun 4% tivéronse que duplicar o número de contratos rexistrados.

Dende o punto de vista das persoas desempregadas desta rama de actividade, hai un total de 8.100 persoas (maioritariamente mulleres, 6.600). Non é un sector cunha taxa de paro elevada, xa que é do 11%, fronte a 17,7% da media de sectores. Polo tanto, resistiu moito mellor a crise económica sufrida nos últimos anos.

Da análise da oferta e demanda de emprego a opinión máis estendida é que non hai adecuación no caso da hostalería e restauración entre ambas variables. Na actualidade, debido ás condicións de mercado, existe moita man de obra potencial dispoñible pero esta non é propiamente do sector, senón que procede doutros sectores, carecendo en consecuencia da experiencia necesaria para desempeñar as funcións propias.

Pero a pesar desta sobreoferta hai carencias en determinadas ocupacións, hai ocupacións nas que non é doado atopar xente co perfil requirido, como no caso dos oficiais de cociña restauración e persoa del sala (camareiros). Outras ocupacións con déficit serían a de axudantes de cociña, tratamentos termais e de beleza, limpeza e servizos de habitacións e mandos intermedios (encargados). Pero isto é no caso daqueles que buscan un perfil moi definidos e profesionalizados, xa que hai quen indica que hai sobreoferta de candidatos en todas elas.

Para UGT Galicia, para que haxa un equilibrio entre a oferta e a demanda de emprego debe insistirse na cualificación presente e futura dos traballadores. É preciso insistir na formación continua de reciclaxe, sobre todo, así como, mellorar a formación regrada en hostalería, protocolos de atención ao cliente, idiomas, etc.

Segundo a Xunta de Galicia, no Informe sobre inserción laboral do curso 2013, último dispoñible, o 49,3% do alumnado activo encóntrase traballando no momento da recollida dos datos, unha taxa de inserción laboral moi por riba da media xeral de alumnos/as que remataron a FCT no ano 2013 (38,8%). Hostalaría e turismo é a familia con maior nivel de inserción laboral do conxunto de FP.

Atendendo aos resultados recollidos no primeiro emprego e no posto de traballo actual, o 73,6% do alumnado traballa actualmente en postos relacionados co ciclo, resultado por riba da media xeral (59,7%) e rexistrándoa como unha das familias onde se presenta maior relación emprego-ciclo.

UGT Galicia reivindica como medidas prioritarias para implementar nesta rama de actividade económica as seguintes:

Levar a cabo unha reconversión integral do sector turístico, con implicación das administracións públicas, cambiando o modelo que se veu desenvolvendo no noso país (baseado no sol, a praia e o lecer a baixos prezos) e que dá evidentes síntomas de esgotamento, e substituílo por outro no que prime un turismo de calidade, de alto valor engadido, desestacionalizado, que faga uso eficiente e eficaz das novas tecnoloxías e que aposte pola formación dos seus traballadores e traballadoras e a mellora das condicións laborais. É necesario potenciar elementos como o patrimonio cultural e histórico do noso país, a paisaxe, a biodiversidade ou a gastronomía.

Reivindicar a calidade no emprego para os profesionais do sector, abordando especialmente na regulación dos seus contratos, a parcialidade, a temporalidade, os baixos salarios e o desenvolvemento dun sistema de acreditación profesional para os seus traballadores e traballadoras.

Nesta liña, cando exista causalidade para non recorrer a contratación indefinida, defendemos fomentar o uso da modalidade de contrato fixo-discontinuo naqueles sectores con ciclos estacionais de produción, en contraposición coa eventualidade, para mellorar a estabilidade laboral dos traballadores e traballadoras de devanditos sectores, reclamando, así mesmo, unha mellora da súa protección social, mediante a flexibilización da normativa de acceso ás prestacións por desemprego e a mellora da consideración dos seus períodos cotizados e de carencias a efectos da pensión de xubilación, ou prestacións de incapacidade permanente.

Finalmente, UGT e CCOO seguirán reivindicando a derrogación da reforma laboral imposta polo Goberno para recobrar o equilibrio nas relacións entre traballadores e empregadores. Para recuperar a autonomía colectiva, é necesario romper co gran poder e facultade que outorgou a reforma Laboral aos empresarios xa sexa en materia de despedimentos, individuais ou colectivos, como na modificación das condicións de traballo, distribución da xornada e redución de salarios. Debemos volver recuperar a capacidade e intervención sindical nas condicións de traballo das empresas, onde os sindicatos temos unha maior capacidade e presenza na negociación sectorial e colectiva.

En Galicia o sector do turismo e hostalería, en canto á negociación colectiva, está moi atrasada, tendo o convenio provincial de Lugo sen negociar dende o ano 2013, cuxa vixencia que rematou no 2012, e en Ourense dende o 2014, cuxa vixencia rematou no 2013. En A Coruña e Pontevedra cas mesas de negociación abertas e cuxa vixencia terminou o 31 de decembro de 2015. O que supón para os traballadores do sector unha merma do seu poder adquisitivo non chegándolles a día de hoxe a mal chamada recuperación económica.

R., 2016-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES