Noticias

El premiado filme El hijo de Saúl centra el nuevo programa de la sección Contexto en el CGAI

El film El hijo de Saúl, ganador del Oscar a la mejor película en habla no inglesa, se ponen en relación con El nombre de los árboles y La imagen perdida como distintas formas de abordar desde el cine la represión y el exterminio. Las proyecciones se programan en sesión doble en la sede coruñesa del CGAI.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Fimoteca de Galicia) aborda a representación cinematográfica da represión e do exterminio a través dunha nova entrega da súa sección ‘Contexto’, que desta volta xirará arredor do premiado filme de László Nemes ‘El hijo de Saúl’. Xunto con esta produción húngara de 2015, gañadora do Oscar á mellor película en fala non inglesa, programaranse os documentais ‘El nome de los árboles’, do director asturiano Ramón Lluis Bande, e ‘La imagen perdida’, do cambodiano Rithy Panh.

O CGAI puxo en marcha este ciclo co obxectivo de confrontar destacados títulos actuais con outros clásicos ou contemporáneos desde diferentes puntos de vista, como o temático, o estilístico ou o ambiental. Neste caso, ‘O fillo de Saúl’ dá pé a un novo contexto a partir da súa ollada pouco habitual sobre o campo de concentración de Auschwitz. A longametraxe foi tamén merecedora do gran premio do xurado e do Fipresci de Cannes e do Globo de Ouro á mellor película en fala non inglesa, ademais de recibir o recoñecemento da crítica e de profesionais como o francés Claude Lanzmann, director do célebre documental sobre o Holocausto ‘Shoah’.

‘El hijo de Saúl’, que será proxectada en 35 mm, centrará o 11 de outubro a última das tres xornadas deste novo ‘Contexto’, que dará comezo mañá con ‘El nome de los árboles’. Neste documental de 2015 sobre a volta aos lugares da memoria, Ramón LLuis Bande acompaña as testemuñas da represión franquista en Asturias mentres comparten con el as súas lembranzas.

O 4 de outubro será a quenda de ‘La imagen perdida’, unha produción cambodiano-francesa premiada en 2013 na sección ‘Un Certain Regard’ de Cannes. O seu director buscaba amosar as atrocidades da ditadura de Pol Pot no seu país, época durante a que desapareceu parte da súa propia familia. Ao non atopar ningunha imaxe real que puidera ilustrar este cruel período, Rithy Panh optou por unha proposta estética fóra do común, empregando figuras de plastilina e dioramas para narrar este pesadelo.

Os tres filmes proxectaranse na sede coruñesa do Centro Galego de Artes da Imaxe en sesión dobre, ás 18.00 e ás 20.30 horas.

R., 2016-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES