Noticias

Impulso á competitividade das Pemes galegas

O D.O.G. ven de publicar as bases da convocatoria da nova edición do programa "ReAcciona", para a que poden presentarse solicitudes ata o próximo 16 de setembro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova edición do programa ReAcciona, deseñado para reforzar a competitividade das pemes facilitando a implantación de proxectos de mellora adaptados ás súas necesidades, que permitirá impulsar un milleiro de proxectos de mellora competitiva en máis de 600 empresas.

O programa ReAcciona ten como obxectivo prioritario a potenciación das competencias e habilidades do capital humano das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Neste contexto, a profesionalización das pemes, e especialmente das de menor tamaño, é fundamental para que poidan medrar, consolidar a súa competitividade e internacionalizarse.

A experiencia acumulada durante as anteriores edicións do ReAcciona serviu para mellorar o propio programa, reforzando a colaboración entre todos os axentes implicados no proceso, por unha banda, e promovendo a posta en marcha de accións de mellora temperá asociadas de xeito automático aos análises de potencial competitivo que se realicen. A finalidade do ReAcciona é achegar diagnósticos de competitividade e servizos avanzados de mellora para que as empresas localicen e superen as súas debilidades nos diferentes ámbitos de xestión.

De acordo coas bases de axuda que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, o programa está de novo aberto para recibir, a través da web do Igape –www.igape.es/reacciona–, solicitudes das empresas interesadas, que recibirán resposta case inmediata á súa demanda de servizos avanzados. As empresas disporán de sucesivas convocatorias, en outubro e novembro deste ano, e en xaneiro de 2017, para presentar a súa solicitude.

O programa ReAcciona pon a disposición das pequenas e medianas empresas servizos para facilitar a execución de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o desenvolvemento estratéxico integral, a redefinición do modelo de negocio, a optimización de procesos de produción e cadea loxística, o relanzamento comercial, os protocolos de sucesión na empresa familiar ou a identificación de aliados e redes de cooperación.

O desenvolvemento de cada un dos proxectos de mellora conta co asesoramento de expertos e a colaboración activa de bolseiros que teñen así a oportunidade de tomar un primeiro contacto co mundo laboral mentres se especializan en diferentes ámbitos da xestión empresarial.

R, 2016-08-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES