Noticias

El CGAC propone tres exposiciones que releen y contextualizan el estado de excepción, el coleccionismo público y el mundo contemporáneo

A través de las obras de varios artistas como Ángel Calvo, Misha Bies o Jorge Varela, un total de tres exposiciones reinterpretan, a través de la relectura y la contectualización, fenómenos como el estado de excepción, el coleccionismo público y el mundo contemporáneo. Es la propuesta que presenta al público el CGAC haste el 2 de octubre de 2016.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle o seu novo programa expositivo “Reler a colección”, que se fundamenta principalmente na revisión e contextualización da propia colección do Centro coa incorporación de diálogos cruzados con outras coleccións, tanto públicas como privadas, vinculadas co museo ou con Galicia, ben a través de coproducións de exposicións temporais (CAAC de Sevilla e MUN de Pamplona) ou como a conexión especial mantida coa Colección ARCO e a súa sede actual o CA2M de Móstoles.

Esta nova proposta expositiva, que quedará aberto ao público a partires das 20,00 horas de hoxe, foi presentado esta mañá polo director do CGAC e comisario da mostra, Santiago Olmo, que estivo acompañado dos artistas galegos Misha Bies Golas e Manuel Eirís, e a vasca Yolanda Herranz.

O programa “Reler a colección” inclúe tres mostras diferentes: “Ensaio visual”, “Louise Bourgeois” e“Estado de excepción”, que poderán visitarse ata principios de outubro.

Na planta baixa e espazo de proxectos e hall do CGAC exponse “Ensaio visual”, que toma como tema central a emblemática obra de Sukurov, pertencente a propia colección. Poderanse ver obras de de artistas internacionais tan importantes como as de Mona Hatoum, Liam Gillick ou Pedro Croft así como tamén, as de artistas galegos como Misha Bies Golas ou Manuel Eirís.

Dado que o CGAC posúe unha das coleccións de vídeo máis interesantes dos museos públicos de España, incrementada con numerosas adquisicións relacionadas coa cinematografía e a imaxe o longo dos anos, a exposición inclúe tamén a instalación, no Espazo de Proxectos, dunha selección de vídeos estruturados temática e cronoloxicamente, que se exhibirán de xeito continuo.

Esta exposición, formúlase como un caso de estudo sobre o coleccionismo institucional en España. A finais da década dos noventa, a adquisición por parte do Centro Andaluz de Arte Contemporánea(CAAC) dunha peza da artista franco-norteamericana Louise Bourgeois, tivo como consecuencia un acendido debate na prensa do medio artístico andaluz que consideraba desproporcionado o prezo pagado pola obra, 100 millóns de pesetas. Ao cabo de poucos anos, a obra incrementou o seu prezo de xeito exponencial, vindo a constituír hoxe, un exemplo único e visionario de coleccionismo no panorama museístico español.

A través do traballo de diversos artistas, presentes na colección CGAC, proponse unha visión crítica, difícil e incómoda do momento actual no que o medo, o terrorismo, os exilios e as emigracións, as guerras e as súas memorias ameazan a permanencia e fortalecemento, dunha sociedade aberta, garantista e democrática.

A partir da obra de Johan Grimonprez, Dial H-I-S-T-O-R-Y, baseada na historia dos secuestros aéreos desde os anos sesenta e setenta, a exposición trata de abordar as problemáticas da historia máis recente, como o impacto do 11S (Thomas Ruff), a discusión acerca dos dereitos humanos e o seu incumprimento (Thomas Locher), a implosión bélica do Oriente Medio no espazo Siria-Líbano (Walid Raad, Jaycer Salloum, Valentín Vallhonrat), o impacto da emigración, muros e valos de protección, e a integración da inmigración (Xabier Ribas, Eskö Mánnikkö) así como a protección da nosa civilización representada por escritores e filósofos (Ana Teresa Ortega). A exposición propón ademais unha serie de vídeos documentais, así coma unha pequena biblioteca de acceso directo en salas que permitirá consultar unha bibliografía imprescindible para comprender os retos políticos do noso presente.

Están programadas conversas con dous dos artistas galegos que expoñen obra na mostra “Reler a colección”. Así, o día 12 de xullo ás 19:00h terá lugar a Conversa de Jorge Varela e Manuel Figueiras co artista Misha Bies Golas. O 13 de xullo ás 19:00h haberá unha Conversa de Ángel Calvo co artista Manuel Eirís.

Fotografía y más información en: http://cgac.xunta.gal/GL/exposicion-detalle/64/RELER-A-COLECCI%C3%93N#ad-image-0

R., 2016-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES