Noticias

Los efectos del 26J: En Marea dice que hará autocrítica pero no renuncia a liderar una alternativa al PPdeG y el BNG empieza a trabajar para los comicios gallegos

La subida del PPdeG y la bajada de En Marea, el PSdeG y el BNG el 26J dibujan un escenario de cara a las elecciones autonómicas gallegas para el que ya se preparan todos los partidos. En Marea dice que hará autocrítica y el BNG ya se pone a trabajar mientras rompe su pacto de gobierno con el PSdeG en la Diputación Provincial de Lugo.

La Executiva Nacional del BNG ha dado por "roto" el gobierno bipartito provincial en la Diputación de Lugo, encabezada por el socialista Darío Campos, y pide a la dirección del PSOE en Galicia que "desautorice" el acuerdo de presupuestos que se aprobaron con el voto a favor del PPdeG y la crítica del BNG.

El presidente del PPdeG, Núñez Feijóo, en el caso estatal, asegura que prefiere un acuerdo de gobierno con el PSOE a su abstención, mientras se muestra "más esperanzado" en lograr la mayoría absoluta en los comicios autonómicos de otoño. Puy asegura que el PPdeG está "en mejor disposición" de afrontar las autonómicas y Rueda destaca la victoria del PP en "sitios tan significativos" como Vigo.

En Marea, que perdió apoyo electoral y el diputado por la provincia de Ourense que consiguiera el 20D, promete autocrítica pero no renuncia a liderar una alternativa al PP ni a su "derecho" a plantear la creación de un grupo propio en el Congreso. El alcalde de Ferrol apela a dejar a un lado "diferencias" de En Marea, mientras su homólogo de A Coruña atribuye la desmovilización al "ruido interno" de En Marea y el regidor de Santiago de Compostela no cree que la bajada de la formación en las tres ciudades que gobiernan sea "un correctivo", aunque admite "desgaste".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

NoticiaO BNG cualificou de “malos” os resultados do 26X nun contexto “especialmente difícil e adverso” para o nacionalismo, nunhas eleccións convertidas en presidenciais “cun menú precociñado a catro”, no que Galiza estivo máis desaparecida ca nunca no debate político, pese aos esforzos do Bloque por “galeguizar a campaña”.

A portavoz nacional, Ana Pontón, foi a encargada de poñerlle voz á valoración electoral, sen panos quentes pero tamén facendo un chamamento para empezar xa a traballar coa vista posta nas eleccións galegas.

“Empezamos desde xa a traballar para que o BNG sexa decisivo nas eleccións galegas de outubro”, salientou Pontón, facendo fincapé na “dinámica diferente” dos comicios autonómicos. “O noso obxectivo é ser peza chave na derrota do PP e afianzar a representación do Bloque como garantía dun cambio real no país, desde un proxecto que ten a cabeza e o corazón en Galiza”, argumentou. “Para o BNG, a campaña das eleccións galegas comeza hoxe mesmo”, proclamou.

Con ese obxectivo e con ese reto, Pontón fixo un chamamento “a toda a militancia, a todas as persoas nacionalistas, a todas as persoas que senten o país para traballarmos unidas polo avance do nacionalismo e pola derrota da dereita que representan o PP de Núñez Feijóo”. “A cohesión e a unidade no proxecto do BNG son a mellor fortaleza para derrotar ao PP nas eleccións galegas”, expresou co rotundidade a dirixente nacionalista, convencida de que a mudanza política que precisa este país “pasa por actuar como nación, por romper a dependencia e por asumir a plena capacidade de decisión”.

Pontón trasladou unha sentida mensaxe de agradecemento a toda a militancia e aos simpatizantes do Bloque e das forzas políticas que participaron na coalición BNG-NÓS, así como a todos os candidatos e candidatas, “por dar a cara por este proxecto, percorrendo o país, poñendo tanto afecto, intelixencia e compromiso”. “Desde o BNG fixemos un intento de galeguizar a campaña, por falar dos problemas e das alternativas aos retos que temos os galegos e as galegas, pero non foi posible superar o bipartidismo a catro”, explicou Pontón, ao tempo que instaba a traballar de cara ao reto electoral de outubro. “Sei que hoxe moitas persoas podem sentir desalento. Mais que sepan que estamos sementando, que defendemos un proxecto diferente para Galiza, unha alternativa nacionalista e a existencia de forzas políticas propias, sen dependencias de organizacións que teñen o seus centros de decisión en Madrid”, argumentou.

As dificultades teñen que ser un estímulo par afianzar os cambios iniciados “porque somos galegoe e galegas de nación e ás únicas batallas que non se ganan son as que non se dan. Desde o BNG ímolas dar todas”, concluíu.




R., 2016-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES