Noticias

CC.OO. denuncia la precariedad laboral en Galicia y dice que más de la mitad de las horas extraordinarias no se pagan a los trabajadores

El sindicato CC.OO. alerta en una campaña del incremento del trabajo en precario que se produce en Galicia. En concreto, el sindicato denuncia que el 55% de las horas extra no se pagan y que el 91% de los contratos son temporales (de ellos, un 31% tienen una duración inferior a una semana). La campaña informativa de CC.OO. "O traballo precario é vida precaria" incluye la apertura de un correo electrónico para recoger denuncias de los trabajadores que se encuentren en una situación de explotación laboral.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO. en Galicia:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) inicia unha campaña para denunciar a precariedade no mercado laboral galego. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, e o secretario confederal de Acción Sindical, Ramón Górriz, alertaron das «intolerables» cifras de precariedade que padece o noso país, de aí que se poñan en marcha diversas iniativas para a combater. Din que o 31 % das persoas asalariadas cobra menos do salario mínimo. A porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre entre as persoas con contratos temporais.

Precisamente, para «reforzar» os argumentos desta campaña, CCOO presentouna xunto co número 21 dos Cadernos do Sindicato Nacional, titulado A precariedade no mercado laboral galego. Este detallado estudo dá conta da deterioración das condicións laborais e de vida da clase traballadora por mor da crise e das reformas laborais do 2010 e do 2012.

Bouza explicou que o 31 % das galegas e galegos asalariados cobra por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI) e que a precariedade está «intimamemente ligada» á sinistralidade: a porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre nas persoas con contratos temporais ca nas contratadas de xeito indefinido (2,4 % fronte ao 4,5 %). As mulleres e os menores de 30 anos son os colectivos «que teñen máis papeletas» para ocuparen un posto de traballo a tempo parcial, sinalou a sindicalista: o 22,1 % das mulleres e o 23,9 % das persoas de 16 a 29 anos.

A xornada parcial é unha mostra da precariedade laboral porque no 62,7 % dos casos non responde a un desexo dos traballadoras e traballadoras —só nove de cada cen afirmaron buscar ese tipo de xornada—. Xunto á parcialidade, a precariedade é outra característica do mercado laboral galego: o 91 % dos contratos rexistrados no primeiro trimestre de 2016 son temporais; deles, o 31 % teñen unha duración inferior á semana e, dentro deste grupo, o 37 % son a tempo parcial.

Contratación temporal, a xornada parcial, mal pagada, pero tamén con horas extraordinarias non remuneradas, denunciou Bouza: no primeiro trimestre de 2016 realizáronse 329.300 horas extraordinarias e as non remuneradas alcanzaban o 55 % do total.

CCOO propón varias medidas para reducir a precariedade no mercado laboral galego. En primeiro lugar, o sindicato pide habilitar os mecanismos necesarios para que a contratación indefinida sexa «a forma ordinaria de acceso ao emprego» —actualmente éo en menos do 10 % dos casos—, penalizando os contratos precarios. O sindicato tamén propón a reordenación do réxime xurídico do despedimento, reforzando a necesidade de xustificar as causas.

NoticiaO sindicato tamén pide eliminar os supostos en que a empresa pode modificar unilateralmente as condicións de traballo, revisar as bonificacións á contratación, modificar integramente o réxime do contrato a tempo parcial, revisar a regulación dos contratos formativos, mellorar a xestión do FOGASA e dos servizos públicos de emprego, refacer o Programa de garantía xuvenil e garantir a seguridade xurídica nos procesos de descentralización produtiva e fortalecer a negociación colectiva, entre outras medidas.

Con esta campaña, CCOO quere animar os traballadores e traballadoras galegas a denunciaren situacións de precariedade. Para iso habilitou o enderezo electrónico denunciaprecariedade@galicia.ccoo.es, onde se poderá informar de xeito confidencial e seguro sobre estas situacións.

Fotografías: Gabinete de Comunicación de CC.OO. en Galicia

R., 2016-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES