Noticias

El cineasta José Luis Guerin presenta en el CGAI de A Coruña su filme La academia de las musas

El director participa en el Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) un encuentro con el público alrededor de su última película, La academia de las musas, a medio camino entre el documental y la ficción. El CGAI recupera también dos de las producciones anteriores del realizador barcelonés: Lee Saphir de Saint-Louis y las suyas Correspondencias con el lituano Jonas Mekas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibe o xoves 31 de marzo, na súa sede da Coruña, o cineasta José Luis Guerin para participar nun encontro co público con motivo da proxección de ‘La academia de las musas’, o seu último filme.

Guerin –quen imparte unha clase maxistral sobre a relación entre cinema e fotografía no Museo de Arte Contemporánea (MAC) Gas Natural Fenosa, para a que xa se esgotaron as prazas dispoñibles– presentaralle aos espectadores a fita que estreou na pasada edición do Festival de Cine de Locarno e pola que obtivo o Giraldillo de Oro á mellor película no Festival de Cine Europeo de Sevilla. A sesión do xoves 31 de marzo, programada para as 20.30 horas, será de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

A medio camiño entre o documental e a ficción, o filme de Guerin conta a historia do controvertido proxecto dun profesor de Filoloxía que, a través dunha “academia das musas” inspirada en referencias clásicas, pretende rexenerar o mundo mediante a poesía e que acabará desencadeando unha serie de situacións dominadas pola linguaxe e polo desexo.

Nova sesión o venres

‘La academia de las musas’ volverá proxectarse no CGAI o venres 1 de abril, ás 18.00 horas, como inicio dun programa dobre que inclúe, así mesmo, outros dous títulos asinados recentemente polo realizador catalán. En primeiro lugar, ‘Le Saphir de Saint-Louis’, un documental de produción francesa sobre un tesouro que agocha a catedral de Sain-Louis de La Rochelle: unha pintura sobre a traxedia en 1741 da goleta ‘Saphir’ durante unha das súas travesías de tráfico de escravos. Exhibirase tamén ‘Correspondencias’, que narra a relación persoal entre o propio Guerin e o cineasta lituano Jonas Mekas a través de nove cartas, filmadas nos lugares máis variados do mundo.

A Filmoteca de Galicia volve deterse, así, na que é unha das figuras imprescindibles para entender a evolución do documental e do chamado cinema de autor en España. José Luis Guerin, quen hai cinco anos xa visitara o CGAI para impartir unha clase maxistral, conta cunha ampla traxectoria á marxe dos ditados do cinema comercial e na que atopamos títulos tan sobresaíntes como ‘Innisfree’ (1990), ‘En la ciudad de Sylvia’ (2007), ‘Guest’ (2010) ou ‘En construcción’ (2001), o proxecto co que obtivo unha maior repercusión tanto por parte do público como da crítica.

A súa filmografía destaca por un carácter esencialmente visual, unha linguaxe reflexiva e poética e un estilo sinxelo que, ao tempo, establece habituais diálogos con outras artes, como a pintura ou a fotografía. De feito, varios dos seus traballos teñen transcendido da gran pantalla a espazos artísticos como o Centro Pompidou de París, o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona ou a Bienal de Venecia.

, 2016-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES