Notas de prensa

Nove produtoras galegas participan no MIPCOM de Cannes de contidos televisivos e de entretemento

A Agadic apoia a presenza de Bambú, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, R, Treeline Distribution, Yellow Train Productions e Zenit TV nesta importante cita internacional. Esta misión comercial enmárcase no programa de promoción exterior do audiovisual galego que a Axencia da Consellería de Cultura e Educación segue a desenvolver en colaboración co Igape.

A Axencia Galega das Industrias Culurais (Agadic) apoia a presenza das produtoras Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, R, Treeline Distribution, Yellow Train Productions e Zenit TV na 26ª edición do mercado MIPCOM, que arranca hoxe en Cannes (Francia). A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reforza así a promoción do audiovisual galego no que é o meirande mercado mundial de contidos televisivos e de entretemento.

Esta misión comercial enmárcase, á súa vez, no programa de promoción exterior da industria do cinema e da televisión de Galicia, que a Agadic vén desenvolvendo xunto co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co obxectivo de favorecer a busca de compradores e socios internacionais para as producións galegas. En concreto, a participación en MIPCOM –para a que se conta tamén coa colaboración do Cluster Audiovisual Galego– é especialmente relevante no ámbito da produción e comercialización de todo tipo de formatos, programas e servizos para televisión.

Films from Galicia

Como en edicións anteriores, Galicia conta cun espazo propio en MIPCOM dentro do pavillón Audiovisual from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (Icex), desde onde a Agadic está a difundir tanto os últimos proxectos das devanditas nove compañías como todas as producións reunidas na última edición do seu catálogo 'Films from Galicia'. Ademais de dispoñer deste recinto para a promoción e a celebración de xuntanzas de traballo, os representantes das empresas galegas reciben tamén apoio económico para financiar parte dos gastos de viaxe, aloxamento e inscrición no evento.

Dentro desta mesma liña de internacionalización, este ano Galicia contou con representación nas feiras Marché du Film e MIPTV de Cannes, así como no European Film Market de Berlín, no Festival International du Court Métrage de Clermont-Ferrand e no Mercado de Industrias Culturales Argentinas (MICA).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-10-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES