Notas de prensa

Feijóo propón o reto do benestar do viaxeiro e unha folla de ruta co Xacobeo como meta a prol do Camiño de Santiago

O presidente da Xunta, durante a conmemoración en Mondoñedo da declaración como Patrimonio Mundial da Unesco dos Camiños do Norte, resalta a declaración de 2016 como Ano do Camiño do Norte e Primitivo e di estar "en disposición de presentar o Plan director dos camiños este mesmo 2015, que estuda quilómetro a quilómetro as necesidades dos camiños”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a posta en marcha dunha folla de ruta con diversas actuacións e co Xacobeo 2021 como meta redundará na dinamización económica dos concellos do Camiño e no benestar dos viaxeiros.

Durante o acto conmemorativo da declaración como Patrimonio Mundial da Unesco dos Camiños do Norte, Feijóo referiuse ás iniciativas que se levarán a cabo no eido do aloxamento, co obxectivo de incrementar a oferta de albergues, destacando a construción dun albergue no casco histórico da Fonsagrada; e no eido dos servizos, coa dotación de redes wifi para os albergueiros, así como a recuperación de fontes de auga e o reforzamento do plan de asistencia sanitaria.

No tocante á promoción, o responsable autonómico lembrou a declaración de 2016 como Ano do Camiño do Norte e Primitivo. E incidiu na importancia da coordinación, non só cos actores institucionais senón tamén coas asociacións.

“Estamos tamén a educar os máis novos sobre a importancia de preservar o noso patrimonio, a través do programa Patrimonio no Camiño e estamos en disposición de presentar o Plan director dos camiños este mesmo 2015, que estuda quilómetro a quilómetro as necesidades do conxunto dos camiños como a sinalización ou o patrimonio a detallar”, afirmou ao que engadiu que a futura Lei do patrimonio cultural de Galicia dará cobertura a todos eses esforzos, ao establecer o marco normativo que garanta a conservación e a correcta xestión patrimonial dos Camiños.

Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou tamén as actuacións destinadas á reparación das cubertas e á restauración da Portada Oeste e das vidreiras da catedral de Mondoñedo e, logo de recordar que a pasada fin de semana chegaron a Compostela máis de 5.000 peregrinos, concluíu referíndose ao recoñecemento da Unesco ao Camiño do Norte e ao Camiño Primitivo como “un gran orgullo e unha grande responsabilidade”. Non en van pasan por dúas das catro provincias –Lugo e A Coruña-, percorren 25 concellos galegos e abranguen cinco comunidades autónomas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES