A D.O. do Ribeiro convida a gozar das emocións do Camiño co cociñeiro Pepe Solla
O célebre cociñeiro será o encargado de preparar un menú músico-gastronómico nesta segunda sesión de Enocións by Ribeiro: o Camiño das emocións, ciclo que conxuga arte e cultura do viño na Cidade da Cultura. As entradas están a venda en online en www.ataquilla.com e fisicamente na tenda A Reixa en Santiago e na sede da D.O. do Ribeiro en Ribadavia.
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da man da D.O. Ribeiro, convida o 11 de xuño a vivir as emocións do Camiño de Santiago da man dos sabores de Pepe Solla e dos ritmos de DJ Analïs.
O célebre cociñeiro do Grupo Nove e dj Analïs serán os protagonistas da segunda sesión do ciclo ‘Enocións by Ribeiro: o Camiño das emocións’, que explora a relación entre as emocións do Camiño, o mundo das artes e a cultura do viño.
O ciclo, que se inaugurou coa actuación de Guadi Galego e as imaxes de Xurxo Lobato, ofrecerá nesta segunda sesión, na que a maridaxe perfecta se establece coa forza da natureza e as paisaxes da ruta xacobea. As entradas están a venda a un prezo de 12€ en www.ataquilla.com (+gastos de xestión) e fisicamente na tenda A Reixa en Santiago e na sede da D. O. Ribeiro en Ribadavia.
Pepe Solla, un dos cociñeiros galegos máis coñecidos, fundador do Grupo Nove e propietario dun restaurante cunha estrela Michelin, será o encargado de preparar un menú músico-gastronómico que transportará aos asistentes a cor e forza da natureza do Camiño. Nesta experiencia sensorial estará acompañado por DJ Analïs e, por suposto, catro viños da D.O. Ribeiro. Todo tras unha visita á exposición ‘Camiño. A orixe’, que pode verse no Museo Centro Gaiás ata o 13 de setembro.
Clausura en setembro con Carlos Blanco
Será o humorista Carlos Blanco o encargado de pechar ‘Enocións by RibeiroÂ’ o xoves 10 de setembro cunha sesión onde o humor, a alegrÃa e o optimismo serán as emocións protagonistas. Todas as sesións contarán con visitas guiadas á exposición e cunha cata de viños, neste caso maridada coa retranca do brillante cómico de Arousa.
A D.O. Ribeiro é unha das institucións colaboradoras da exposición ‘Camiño: a orixe’, unha mostra na que o Museo Centro Gaiás recupera a través dunha selecta escolma de obras de arte a historia de cómo empezou o que hoxe é un fenómeno universal: o Camiño.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-05-28
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.