Notas de prensa

O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproducirá coa compañía Balletnorte o espectáculo de danza Atlántica

A montaxe, que se estreará no prazo de dous meses dirixida por Juan Miguel Hernández, está inspirada na obra dos autores do Rexurdimento e conta con música orixinal de Ismael Berdei e espazo audiovisual de Pixel Films. BalletNorte, con sede na Coruña e da que é titular Paloma Pérez-Colomer, está formada por profesionais que proveñen doutras compañías, entre elas o Centro Coreográfico Galego.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a nova compañía galega BalletNorte asinaron un contrato para a coprodución este ano a través do Centro Coreográfico Galego do espectáculo "Atlántica", dirixido por Juan Miguel Hernández. Esta sinatura responde á resolución do proceso de licitación pública convocado no pasado mes de novembro para ofrecerlles ás compañías privadas galegas a posibilidade de coproducir unha montaxe de danza moderna, neoclásica ou contemporánea a través da unidade de produción de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo o documento subscrito, un contrato privado de contido artístico tramitado por procedemento aberto, a Agadic achegará 50.000 euros para este proxecto, en tanto que BalletNorte asumirá os deseños de escenografía, vestiario e iluminación, a selección e contratación de intérpretes, e os ensaios e a distribución da montaxe cun mínimo de seis representacións públicas.

BalletNorte, con sede na Coruña e da que é titular Paloma Pérez-Colomer, está formada por profesionais que proveñen doutras compañías, entre elas o Centro Coreográfico Galego. Na actualidade intégrana doce bailaríns e bailarinas de diferentes nacionalidades, aínda que a maior parte son de orixe galega. Todos eles posúen formación en danza clásica e contan con interpretacións neoclásicas e contemporáneas nas súas traxectorias.

A partir dun fragmento de Murguía

‘Atlántica’, que se estreará nun prazo de dous meses, será unha peza coreografiada por Juan Miguel Hernández sobre a música especialmente composta para o espectáculo por Ismael Berdei e cun espazo audiovisual deseñado por Pixel Films. Está inspirada nos poetas do Rexurdimento literario galego, como homenaxe á súa achega á nosa cultura. A través dunha visión contemporánea, a obra buscará facerlles partícipes aos espectadores de soidades, temores, amores e desamores, tomando como punto de partida un fragmento da novela de Manuel Murguía ‘La mujer de fuego’.

Durante o período de ensaios anterior á estrea, BalletNorte recibirá asistencia por parte do Centro Coreográfico Galego en canto a análise, asesoramento, planificación e viabilidade de estratexias, tanto no relativo á xestión, financiamento e comercialización como no tocante aos aspectos artísticos.

Juan Miguel Hernández (Madrid, 1975) realizou estudos de danza en Madrid na Escola María de Ãvila, no Real Consevatorio Profesional de Danza e na Escola de Víctor Ullate. Posúe unha ampla carreira como bailarín solista e de corpo de baile en pezas asinadas por creadores tan recoñecidos como Nacho Duato, Maurice Bêjart, William Forsyhte, Hans van Manen ou Víctor Ullate. Nos últimos anos formou parte dos elencos de pezas do Centro Coreográfico Galego, como ‘MagnificatÂ’, de Amaury Lebrun; ‘Honey MoonÂ’, de Toni Fabre; ‘AíndaÂ’, de Mercedes Suárez; ou ‘Full HouseÂ’, de Johan Inger.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES