Notas de prensa

O Premio Trapeiro de Honra 2014, concedido a Xosé María Díaz Castro polo proxecto Os Vilas, lareira de soños

O Premio Trapeiro de Honra 2014, concedido polo proxecto Os Vilas, lareira de soños a Xosé María Díaz Castro a título honorífico no ano no que se lle adicados as letras galegas, será entregado polo vilarego José Luís López, Luís de Patricio ao presidente da A.C.Xermolos de Guitiriz.

O premio, consistente nun lenzo co nome do premiado e o logo dos Vilares pasará a ser depositado na casa das palabras. Luís de Patricio é neto do trapeiro máis recoñecido e símbolo dos Vilares, o señor Pedro de Patricio, ao que a poeta Marica Campo adicou un precioso romance musicado por Fixan os Ventos por iniciativa do noso proxecto e ao que tamén adicou unha muiñeira o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Luís Foxo.

Afonso Blanco Torrado, dinamizador cultural de Guitiriz e da Chaira, depositario da memoria de Díaz Castro a través de Xermolos, promotor da futura recuperación da casa natal do poeta no Vilariño será o receptor deste recoñecemento simbólico. Ãmbolos dous representan perfectamente o simbolismo e a memoria de dous persoeiros fundamentais na historia recente
da parroquia dos Vilares.

Proxecto Os Vilas, 2015-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES