Notas de prensa

Turismo defende as posibilidades das novas tecnoloxías no futuro do sector

Destácase en Fitur 2015 o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. Un dos piares deste Plan é o proxecto "Smart Camiño", un bo exemplo de acción baseada no fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o stand de Galicia na Feira Internacional do Turismo 2015 (FITUR), onde participou na presentación da iniciativa ‘Smart Camiño’, que organiza o Goberno galego a través da Axencia Turismo de Galicia.

Rueda destacou que o actual Executivo autonómico apostou desde o primeiro momento polas novas tecnoloxías e as posibilidades que ofrecen para o futuro da nosa comunidade, especialmente dentro do ámbito do turismo, que supón un 10 por cento do PIB galego e o 11 por cento do emprego en Galicia.

Con ese obxectivo, a Xunta puxo en marcha o Plan Smart Turismo, para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. Un dos piares deste Plan é o proxecto ‘Smart Camiño’, un bo exemplo de acción baseada no fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías.

Este proxecto adapta o Camiño de Santiago ao século XXI e aumenta a calidade da experiencia, ao por a disposición dos peregrinos unha aplicación móbil que lles permite ir recibindo información a medida que avanzan cara a Compostela.

Así, por exemplo, esta app advirte aos camiñantes das oportunidades turísticas e comerciais de cada lugar por onde pasan, oriéntaos sobre cambios meteorolóxicos e informa de albergues próximos ou eventos que coincidan co seu paso. En definitiva, ‘Smart Camiño’ trata de responder ás novas demandas con novas solucións, abrir novos mercados e conectar -neste caso literalmente- Galicia cos seus visitantes.

Desde que o actual Goberno galego tomou posesión tivo claro que as novas tecnoloxías tiñan que xogar un papel fundamental na súa acción de goberno. En consecuencia, despois dun análise e estudo detallado, a mediados do ano 2010 aprobou a Axenda Dixital de Galicia, que despois de catro anos guiando á Xunta, vaise renovar neste 2015.

A través desta Axenda, introducíronse importantes melloras na eficiencia da propia administración e dos servizos públicos, potenciouse o desenvolvemento do sector económico ligado ás TIC e definíronse medidas para que estas, ademais dun sector económico en si, sexan o “motor de cambio” do resto de sectores produtivos, como por exemplo o turismo, tal e como quedou de manifesto.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES