Notas de prensa

Cultura e Educación presenta A Viva Voz, o primeiro manual da voz nun áxil e práctico formato de cómic

Está protagonizado por Faladoriña e é unha creación da xornalista Isabel Pichel con ilustracións de Fonso Barreiro e prólogos de Marisa Lois e de Luís Iglesia. O proxecto deuse a coñecer este serán na Cidade da Cultura de Galicia e incluíu unha mostra de exercicios de quecemento por Faladoriña.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou na Cidade da Cultura de Galicia o proxecto ‘A viva voz’, o primeiro manual da voz en formato cómic, da autoría da xornalista Isabel Pichel. A obra conta coa colaboración do departamento dirixido polo conselleiro Vázquez Abad – por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- e está ilustrada por Fonso Barreiro e prologada pola foniatra Marisa Lois e polo actor Luís Iglesia.

A presentación contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüísitica, Valentín García, quen puxo de relevo “a importancia dun proxecto coma este para as cuestións relacionadas coa voz e coa oralidade do galego”. Participaron no acto, amais da autora, Isabel Pichel, e do ilustrador, Fonso Barreiro; o presidente da SGORL-PCF (Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cervicofacial), Andrés Soto; e mais a presidenta da AECAT (Asociación Española de Cáncer de Tiroides), Cristina Chamorro. Tamén contou coa asistencia do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

A presentación rematou cunha mostra de exercicios de quecemento previo ao traballo coa voz incluídos no decálogo de ‘A viva voz’, da man de Faladoriña, a figura protagonista do cómic.

‘A viva voz’

‘A viva voz’ é a primeira guía de voz en formato cómic da xornalista Isabel Pichel, con ilustracións de Fonso Barreiro, que analiza ao longo de 52 páxinas as compoñentes socioculturais que inciden na oralidade. Conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, co aval da SGORL-PCF, baixo a revisión da doutora Raquel Fernández, e co apoio de AECAT e da empresa Identia Coaching&Formación.

Describe, dun xeito sinxelo e lúdico, todos os aspectos relacionados coa voz e coa prevención de doenzas a través do particular camiño da voz artística e da voz non artística de Faladoriña na superación dun cancro de tiroide e ofrece, ademais, un decálogo de exercicios para faladoriñas e faladoriños que axudan no quecemento previo ao traballo coa voz.

‘A viva voz’, que lle rende homenaxe ás orixes históricas do cómic, colabora con AECAT con cincuenta céntimos de cada exemplar vendido e poderá adquirirse a través da web faladorinhavivavoz.com, así como nas librarías das principais cidades de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-12-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES