Notas de prensa

O soño galego de Julio Cortázar achégase ao universo do escritor no seu centenario

As dúas viaxes que realizou Cortázar a Galicia nos anos cincuenta, xunto coa súa primeira muller, Aurora Bernández, centran o audiovisual "Cortázar Galicia", dirixido por Juan de la Colina, que se proxecta durante a xornada na que o público pode participar nun coloquio cos autores. Cortázar mantivo un vencello permanente con Galicia a través dun círculo vital de conexións persoais.

‘O soño galego de Julio Cortázar’ é o título da xornada coa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en valor a relación permanente que mantivo o escritor arxentino con Galicia e cos galegos, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

Con este obxectivo, a xornada, que ten lugar o xoves, ás 19 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña, conta coa intervención do escritor Francisco X. Fernández Naval, autor do libro ‘O soño galego de Julio Cortázar’ (editado por Linteo co patrocinio da Consellería), que lle dá nome á xornada. A obra servirá de fío condutor a un relatorio no que Fernández Naval afondará na relación profunda e ampla do escritor arxentino con Galicia.

As dúas viaxes que realizou Cortázar a Galicia nos anos cincuenta, xunto coa súa primeira muller, Aurora Bernández, centrarán o audiovisual ‘Cortázar GaliciaÂ’, dirixido por Juan de la Colina, que se proxectará durante a xornada. Finalmente, o público asistente terá ocasión de participar nun coloquio cos dous autores. As cartas e outros textos sobre estas viaxes que Julio Cortázar fixo a Galicia son a base desta peza documental, que percorre os lugares das viaxes a través dun xogo de interpretación libre e poética entre pasado e presente. Para iso, apóiase en documentación facilitada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) −depositario dos fondos fotográficos e fílmicos de Julio Cortázar−, a Fundación Juan March e a Fundación Luís Seoane.

Julio Cortázar e Galicia

Julio Cortázar (Bruxelas, 1914-París, 1984) mantivo con Galicia unha vinculación permanente a través do círculo de persoas que azarosamente foi introducindo no seu percorrido vital. Os encontros con exilados galeguistas na Arxentina, como Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela ou Rafael Dieste, propiciarán as súas primeiras publicacións nas revistas Cabalgata e El Correo Literario.

Producirase despois a providencial aparición de Paco Porrúa, que se converterá no seu editor e amigo. Pero será o seu matriminio con Aurora Bernárdez, filla de emigrantes galegos, o que o introduza nun maior coñecemento da nosa cultura e con quen coñeza o propio país, nas dúas viaxes que realizan xuntos nos anos 1956 e 1957. A súa estreita relación co artista Leopoldo Novoa, xa nos anos setenta en París, pechará este círculo no que a nosa terra se sitúa como unha constante presenza no universo do escritor.

Neste ano no que se celebra o centenario de Julio Cortázar, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia propón esta xornada de achegamento ao universo galego dun dos escritores hispanoamericanos máis relevantes da literatura de todos os tempos.

Francisco X. Fernández Naval

Francisco X. Fernández Naval (Ourense,1956) conta cunha ampla obra en galego, que inclúe poesía, novela, relatos, literatura infanto-xuvenil, de viaxes, guións e teatro. Algunhas das súas obras traducíronse a outras linguas, entre elas o árabe e o ruso. É autor dous ensaios que analizan a relación do escritor Julio Cortázar con Galicia: ‘Respirar polo idioma’, os galegos e Julio Cortázar (Linteo-2006), publicado en castelán pola editorial Corregidor de Bos Aires, e ‘O soño galego de Julio Cortázar’ (Linteo, 2014).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES