Notas de prensa

Galicia Calidade en ruta achega os produtos gastronómicos a profesionais e consumidores

Este proxecto que percorre as sete grandes cidades de Galicia arranca o venres, 28 de novembro, en Santiago de Compostela e remata o 20 de decembro en A Coruña. Showcookings, degustacións e catas de viño servirán para fomentar o consumo dos produtos certificados.

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, desenvolve desde o venres 28 de novembro ata o 20 de decembro a campaña Galicia Calidade en ruta, destinada a promover os produtos certificados por este selo de garantía de calidade entre profesionais e consumidores mediante exhibicións con reputados chefs e sumilleres da gastronomía galega.

A campaña consistirá nun roadshow no interior dun camión adaptado, que percorrerá as cidades de Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra, Lugo, Vigo, Ferrol e A Coruña, e no que se realizarán diversos showcookings, catas de viños e degustacións de produtos amparados por Galicia Calidade.

A iniciativa está destinada a prescritores, profesionais do sector da hostalaría, empresas do retail e tendas especializadas en produtos gastronómicos, ademais de aos consumidores, para promover as virtudes dos produtos certificados pola marca de garantía. O obxectivo é transmitir as aplicacións destes produtos tanto na alta gastronomía como no consumo doméstico, así como as vantaxes de contar co aval do selo de Galicia Calidade.

Nas sete cidades galegas desenvolveranse dúas accións diferentes. A primeira delas, denominada "Esencial", consiste nunha degustación de "bocados Galicia Calidade", elaborados polos chefs Marián Rodríguez e Iván Méndez e que ofrecerá unha ampla mostra da versatilidade e excelencia dos produtos. A segunda, denominada "De viños Galicia Calidade", consiste nunha maridaxe dos viños amparados por este selo con outros produtos como os xamóns, embutidos ou queixos, baixo a dirección de prestixiosos sumilleres como Xoan Cannas.

Nas cidades de Santiago, Vigo e A Coruña tamén se realizarán dúas accións máis en cada unha delas, con especial atención aos almorzos e ás conservas. Así, o "Almorzo Galicia Calidade" ofrecerá a combinación dun almorzo de calidade con café, leite, froitas, doces e outros produtos, baixo a dirección do coñecido barista Oscar de Toro. A mostra "A Lata de Galicia Calidade" pretende destacar o valor e a versatilidade das conservas amparadas por este selo e o seu desenvolvemento en receitas gastrónomas.

A campaña Galicia Calidade en ruta, enmárcase na estratexia de reforzo de Galicia Calidade, que cumprirá 20 anos en 2015, e é unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que conta con máis de 250 produtos certificados, de 51 empresas diferentes.

Calendario
- Santiago de Compostela, 28 e 29 de novembro
- Ourense, 2 de decembro
- Pontevedra, 6 de decembro
- Lugo, 9 de decembro
- Vigo, 12 e 13 de decembro
- Ferrol, 16 de decembro
- A Coruña, 19 e 20 de decembro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES