Os Foros ecolóxicos da Barbanza sacan de novo os “Sachos á rúa”
Rianxo, baixo o lema “Sachos a rúa”, acolle a segunda Feira labrega da Barbanza. O sábado 30 de agosto, no campo de arriba, os Foros ecolóxicos da Barbanza volverán mostrar proxectos da contorna baseados na agroecoloxÃa. Os Foros ecolóxicos da Barbanza pretenden potenciar o mercado local e que persoas que producen alimentos de xeito ecolóxico poidan vivir decentemente do seu traballo.
Por iso, o vindeiro sábado en Rianxo poderás degustar pratos vexetarianos de Porto do Son ou cervexa artesá de Lousame, mentres escoitas música tradicional ou ves os artesáns facendo algunha demostración dos seus oficios.
Igual que na primeira Feira en Ribeira, poderás facer a compra da semana mercando produtos fresquiños directos das hortas da contorna. E sen esquecer o coidado da pel, tamén estarán dispoñibles nesta Feira Labrega, xabóns, cosméticos naturais e plantas menciñeiras.
Este evento xurde dos Foros ecolóxicos da Barbanza, que son asembleas de persoas interesadas polos temas de agricultura ecolóxica, alimentación sa e o comercio xusto. Este colectivo percibe a necesidade de crear puntos de encontro como as Feiras Labregas onde poder atopar produtos naturais, libres de agrotóxicos e sen organismos modificados xeneticamente. Ademais pretenden poñer a andar asociacións e cooperativas de produción e consumo ecolóxicos na Barbanza.
Foros Ecolóxicos do Barbanza, 2014-08-28
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.