Notas de prensa

O acordo pesqueiro entre España e Portugal na UE beneficia ao sector galego

O acordo acadado no marco da UE, para os vindeiros dous anos, regula o acceso mutuo tanto a augas continentais como ás zonas fronteirizas do Miño e do Guadiana e beneficia aos buques de arrastre de fondo, cerco e artes menores.

Un total de 110 embarcacións galegas de arrastre de fondo, cerco e de artes menores poderanse beneficiar do acordo asinado entre o ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, e maila súa homóloga portuguesa, Mar Assunçäo Cristas, en Bruxelas.

O novo acordo -que foi asinado por primeira vez no ano 2003 e que ten unha vixencia aproximada de dous anos- substitúe ao anterior e prorroga os termos nos que se viña desenvolvendo ata o e agora pero incluíndo importantes novidades que son beneficiosas para a frota galega. Entre elas destaca que a partir de agora, os barcos españois e portugueses aplicarán as medidas técnicas do país no que se realicen as pesquerías faenando en igualdade de condicións ambos os países.

Deste xeito, cando os barcos españois faenen en augas portuguesas aplicarán as normas do estado luso e cando os portugueses faenen en augas españolas, aplicarán as normas técnicas que rexen en España, cuestión que non viña acontecendo ata o de agora.

Asemade, no que ten que ver coas descargas, contémplase que os límites que rexan sexan os que estipule a organización de produtores do porto no que se realice a descarga, independentemente da nacionalidade do buque ou da zona na que se realizasen as capturas.

Con este acordo refórzase a cooperación entre ambos países -ademais de no exposto- en materia de control e inspección ao tempo que se conseguen unhas regras de xogo igualitarias para os dous estados e os seus traballadores do mar.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-12-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES