O Intecmar segue controlando a crise das biotoxinas nos mexillóns
Na Comisión do Mexillón no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, a conselleira do Mar louba ao Intecmar e a responsabilidade do sector ante o episodio de biotoxinas. Di que o sistema de control evitou que o produto contaminado chegase ao consumidor.
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asistiu á xuntanza da Comisión do Mexillón na que se avaliou a situación do episodio de biotoxinas mariñas que afecta a Galicia e outras circunstancias relacionadas co sector mexilloeiro. Tras a reunión, a titular de Medio Rural e Mar insistiu en que o sistema de control de biotoxinas do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño “está funcionando moi ben” e destacou a profesionalidade do sector, que “tamén fai os seus propios controis”, co cal, sinalou, “a cadea está funcionando perfectamente”.
Rosa Quintana lembrou que o Intecmar é un referente a nivel europeo e internacional que naceu con dous obxectivos fundamentais. Por unha banda o de garantir a saúde do consumidor e pola outra, traballar en beneficio dos produtores. Neste sentido, sinalou a conselleira, “está dando mostras de que funciona”, xa que se evitou que chegase produto con biotoxinas ao consumidor e ademais nestes momentos séguese traballando intensamente, facendo mostraxes “con moitÃsima frecuencia para garantir sempre o bo estado dos nosos produtos para que os consumidores sigan apostado por eles”. Explicou ademais que se realizará o seguimento tanto das condicións oceanográficas como das analÃticas para que os polÃgonos de mexillón e os bancos marisqueiros “estean pechados o menor tempo posible”.
En canto á situación e ás consecuencias da marea vermella, Rosa Quintana explicou que a situación é de certa estabilidade e que “de momento non podemos falar de perdas económicas, porque a toxina é un organismo que pode aparecer de xeito natural na auga e que non lle provoca ningún dano ao molusco”. Malia todo, indicou que, de ser necesario, se adoptarán medidas como a de aumentar o número de cordas nalgunhas bateas para que non se perda a produción e se poida proceder ao seu desdobre de ser necesario. Asemade, insistiu en que a marea vermella é un proceso natural e habitual e que todos os produtores están acostumados a que exista e a convivir con ela.
Neste caso, lembrou que a toxina apareceu dunha maneira “moi virulenta e moi rápida” e que afectou inmediatamente, non só a polÃgonos de mexillón, senón tamén a bancos marisqueiros. Non obstante, insistiu unha vez máis en que os produtos adquiridos polos cauces legais de comercialización teñen garantidas as súas condicións hixiénico-sanitarias porque están amparados polos controis.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-10-16
Actualidad
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurÃdicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitirÃa aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artÃsticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, asà como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.
Notas
Mostrar á cidadanÃa os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros paÃses. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o tÃtulo 'PerfÃs profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüÃstica, tecnoloxÃa e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfÃs profesionais de cara ao futuro e presente da IA.