Notas de prensa

A Xunta prevé unha planificación estratéxica da acuicultura galega ata 2030

Núñez Feijóo di que a estratexia galega de acuicultura permitirá planificar o camiño polo que debe discorrer esta actividade en Galicia ata 2030, tanto en adecuación territorial como en aplicación formativa, expansión comercial e fomento do I+D+i.

O presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a Estratexia Galega de Acuicultura permitirá planificar o camiño polo que debe discorrer esta actividade en Galicia ata 2030 en todos os seus termos: na adecuación territorial e na planificación dos espazos nos que se desenvolve a acuicultura, “para o que o Plan Director da Acuicultura Litoral xa conta coa súa aprobación inicial”; na aplicación formativa, coa docencia impartida no Instituto Galego de Formación en Acuicultura; na expansión comercial, insertando os produtos no Plan estratéxico de Comercialización de produtos do mar; e no fomento do I+D+i, “desenvolvendo un Plan Galego de I+D+i en acuicultura apoiado nos nosos centros investigadores de experiencia contrastada”.

Durante a apertura da Conferencia Internacional de Acuicultura, organizada pola Comisión Europea, o Ministerio de Agricultura e a Xunta, Feijóo subliñou que esta planificación non estaría completa se non se acompaña do estímulo económico necesario. “De feito, hoxe, somos un pouco máis competitivos e recuperamos, pouco a pouco, o dinamismo da actividade grazas ao apoio outorgado á inversión do sector polo Fondo Europeo da Pesca, que permitiu xerar axudas por valor de 80 millóns de euros, que, a súa vez, permitiron poñer en marcha a primeira planta acuícola desde 2005”.

O presidente do Goberno galego avogou por seguir traballando, desenvolvendo activa e practicamente a Estratexia Galega da Acuicultura, con especial atención á redacción –consensuada- e aprobación da primeira lei de acuicultura de Galicia. “Sabemos que os pasos e os froitos obtidos –un aumento de máis de 4% en produción e dun 8% en facturación- non deben facernos pensar que o traballo xa está feito; pola contra, o noso compromiso é seguir traballando e seguir traballando mellor”.

Así mesmo, incidiu en que este desexo de impulso, “compartido co Goberno de España e a Comisión Europea”, ten como fin recuperar o dinamismo e a puxanza da nosa acuicultura, “pero non de calquera maneira, senón que terá que ser, necesariamente sostido e sostible, tanto en termos ambientais, especialmente na integración paisaxística, como sociais e económicos”; ao que engadiu que este impulso debe ser realizado de forma unida entre sector e administración.

Feijóo lembrou que Galicia é a primeira rexión da Unión Europea en contar cunha planificación estratéxica. “Galicia é unha terra que foi pioneira e quere seguir sendo líder no eido da acuicultura. Producimos máis de 232.000 toneladas de produtos de acuicultura; e xeramos máis de 6.000 empregos de forma directa. As rías non serían as rías galegas se non tivesen máis de 3.300 bateas nas súas augas. E as nosas costas non serían un lugar puxante en termos socioeconómicos sen a inxección de riqueza que esta actividade deixa, día a día, no noso sistema produtivo”, salientou.

Por último, o titular da Xunta concluíu subliñando os dous conceptos polos que Galicia apostou claramente para mellorar o seu futuro: Europa e acuicultura. “Apostamos por Europa, e, máis concretamente, por un futuro en común na pesca e na acuicultura. E a este respecto, fixemos e imos seguir facendo os nosos deberes ante as reformas en cernes: mantivemos numerosos encontros co sector e cos grupos políticos con representacións parlamentaria... Formamos un grupo de traballo do que xurde un ditame único que presentou Galicia sobre a reforma da Política Común de Pesca...Aprobamos ese ditame por unanimidade de todos os sectores e da administración pública, no Consello Galego de Pesca...E elaborouse, da man de expertos universitarios, unha análise xurídica e de opinión sobre a proposta da UE que serviu de base á nosa postura”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES