A ConsellerÃa do Medio Rural e do Mar organiza conxuntamente coa Comisión Europea e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a conferencia internacional de acuicultura que se celebra na Coruña ante o interese común de ambas administracións e do Goberno do Estado de impulsar o desenvolvemento desta actividade de xeito sustentable. O secretario xeral de Mar, Juan Maneiro, presentou esta mañá en Santiago a programación do evento que acolle Galicia “como mostra da aposta que fai a comunidade galega por esta actividade contando xa cun plan estratéxico para este sector na liña do que proporá a reforma da PPC para o ano 2014”, dixo.
O secretario xeral do Mar sinalou que a xornada ten como obxectivos analizar o futuro da acuicultura, os seus retos e oportunidades e debater sobre as ferramentas de planificación para o impulso sustentable da actividade nos eidos social, económico e ambiental. Neste sentido, entre os temas máis importantes que se tratarán destacan as formas de reducir e mitigar o impacto ambiental, cunha guÃa de boas prácticas para integración na dimensión territorial da acuicultura e a necesidade da mellora da calidade da oferta de produtos que pode xerar esta actividade.
Ademais, segundo explicou Juan Maneiro, a conferencia tamén servirá como foro de intercambio de experiencias sobre as liñas estratéxicas para o desenvolvemento da acuicultura, que están reflectidas na proposta de reforma da PolÃtica Común de Pesca.
Programación
O evento contará coa participación do alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o Presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijoo, que intervirán na inauguración. Por outra banda, a Comisaria de Pesca e Asuntos MarÃtimos, MarÃa Damanaki, e o Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, intervirán na clausura. Ademais comprenderá diferentes conferencias e mesas de debate a cargo de expertos de diferentes paÃses, que avaliarán a situación actual do sector.
Por parte da ConsellerÃa do Medio Rural e do Mar, o secretario xeral de Mar, Juan Maneiro, ofrecerá unha conferencia sobre a Estratexia Galega de Acuicultura, que rexerá a planificación e a xestión desta actividade ata o ano 2030. Os asistentes tamén poderán coñecer a planificación para o desenvolvemento da acuicultura en Irlanda da man do director de Servizos de Desenvolvemento AcuÃcola do Irish Sea Fisheries Board (BIM), Donal Maguire.
Por outra banda, o director do Instituto para a Protección e Seguridade dos Cidadáns, Stephan Lechner, falará sobre os indicadores de actuación da acuicultura europea e o xefe de Unidade da Dirección Xeral de Asuntos MarÃtimos e Pesqueiros da Comisión Europea (DG MARE), Ernesto Bianchi, ofrecerá unha conferencia sobre as liñas estratéxicas para o desenvolvemento sustentable da acuicultura europea.
Ademais haberá mesas de debate sobre o estado actual e o papel do sector acuÃcola, que moderará o Secretario General de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Carlos DomÃnguez, e sobre as liñas estratéxicas para o impulso da acuicultura, que estará moderada polo director da DG MARE, Ernesto Penas. Este mesmo representante da CE tamén será o encargado de moderar o foro de debate sobre os plans estratéxicos nacionais de acuicultura como ferramenta práctica para apoiar o desenvolvemento sustentable desta actividade. Nestes foros participarán representantes de administracións locais e nacionais, dos organismos cientÃficos, da industria, grupos de interese e ONG,s relacionadas con esta actividade.