Notas de prensa

Un centenar de pilotos competirán o 14 de abril no V Supercross Cidade de Tui

O sábado 14 de abril celébrase o V Supercross Cidade de Tui puntuable para o Campionato Galego organizado polo Motoclub Randufe coa colaboración do Concello de Tui no que se agarda a participación dun centenar de pilotos no circuíto de Randufe.

Esta proba deportiva foi presentada polo concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e polos responsables do Motoclub Randufe, Andrés Urseira e Gonzalo Martínez. Na comparecencia ante os medios de comunicación Andrés Urseira destacou que nos oito anos de traxectoria do motoclub sempre apostaron por esta proba deportiva, salvo en dúas ocasión nas que se celebrou o enduro. As principais novidades con respecto a edicións anteriores son por unha parte o cambio de data, xa que adoitaba ter lugar no verán, para facelo coincidir coas festas de San Telmo. A isto hai que engadir que este ano será a primeira proba do Campionato Galego polo que os pilotos están xa expectantes ante o comezo da competición. Nesta edición amais competirá o piloto local Valentín Hermida que participará no Campionato Galego, no nacional e tamén en Portugal.

Agardan que preto dun centenar de pilotos compitan neste V Supercross Cidade de Tui, aínda que Andrés Urseira recoñecía que ao tratarse dun deporte caro, hai pilotos que este ano debido a crise ser deron de baixa.

O Supercross disputarse no circuíto de Randufe, na parte traseira do Complexo Deportivo Ãlvarez Durán. O sábado a partir das once da mañá serán os adestramentos e dende ás catro e media da tarde terá lugar xa a competición oficial. Será unha proba moi vistosa para o público xa que o circuíto conta con 13 saltos de diferentes tipos, algúns deles de 14 e 18 metros de lonxitude, polo que Andrés Urseira destacaba que vai ser “moi vistoso para o público pola destreza que teñen que ter estes pilotos”.

Pola súa parte o Concelleiro de Deporte, Nicolás Lorenzo, agradeceu ao Motoclub Randufe a celebración do Supercross coincidindo coas festas de San Telmo, polo que dicía vai ser “a proba deportiva con máis importante por cartel”, por ser a primeira proba do calendario galego, e tamén pola gran afluencia de público de edicións anteriores que agardan superar este ano.

Este ano o Motoclub Randufe repartiu 3 mil entradas para o Supercross entre os escolares de Tui e dos arredores así coma en Valença do Minho.

Gabinete de Prensa do Concello de Tui, 2012-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES