A través desta sección, preténdese dar a coñecer cada semana unha das 271 rexións que integran a Unión Europea e a contribución da polÃtica rexional no desenvolvemento destas.
Segundo os datos da propia Comisión e dende a adhesión de España á Unión Europea en 1986, a PolÃtica de Cohesión investiu en Galicia máis de 18.000 millóns de euros, o que contribuÃu de forma significativa ao seu crecemento económico e a avanzar na converxencia real coa UE. AsÃ, a rexión pasou de representar o 75,6% do PIB medio por habitante da Unión Europea en 2000, a situarse no 92,7% en 2009.
No perÃodo financeiro 2007-2013, Galicia estableceu un cambio estratéxico claro con respecto ao perÃodo anterior 2000-2006, ao substituÃr progresivamente os investimentos en infraestruturas por aqueles destinadas ao ámbito da innovación e a investigación, as enerxÃas renovables e a innovación empresarial, en consonancia coa estratexia de Lisboa.
Actualmente, Galicia centra os seus esforzos inversores en tres ámbitos prioritarios: transporte e enerxÃa (representa o 41,5% do investimento total); medio ambiente, protección dos recursos naturais, xestión, distribución e tratamento da auga, e prevención de riscos (arredor do 22% do investimento total); e desenvolvemento e innovación empresarial (16% do total de investimento).
Os obxectivos para o perÃodo 2007-2013 céntranse en: un incremento anual da taxa de crecemento dun 2,9%; un aumento do gasto en I+D para pasar do 0,88% do PIB en 2007 ao 1,87% do PIB previsto para 2013; a creación de 84.000 postos de traballo e 421 empresas innovadoras; e un incremento da produtividade do traballo, cunha porcentaxe media de crecemento anual do 0,87%.
A Comisión Europea destaca nesta sección algúns dos proxectos desenvolvidos en Galicia e financiados con fondos comunitarios como a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, un centro superior de ensinanzas artÃsticas dependente da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria; ou o sistema de Facturación electrónica, un portal de entrada de facturas en Internet a través do cal os provedores poden cursar as facturas á Administración autonómica de forma electrónica, sen esperas nin desprazamentos.
O feito de que a Comisión Europea elixise a Galicia rexión da semana inmediatamente despois de ter publicado as estatÃsticas de converxencia económica con Europa interprétase como un espaldarazo ás polÃticas implementadas pola Xunta seguindo as orientacións do Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 e da Estratexia Europa 2020.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.