Notas de prensa

A Deputación de Ourense pon en marcha un plan para detectar en tempo real os verquidos industriais potencialmente perigosos

José Luís Baltar e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, presentaron hoxe este plan para a vixiancia e control das redes de saneamento dos concellos de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar.

A Deputación provincial de Ourense presentou hoxe o denominado “Plan de vixiancia e control de vertidos industriais” que permitirá detectar en tempo real os vertidos de residuos potencialmente perigosos para o medio ambiente que se produzan nos polígonos industriais de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barreiros.

No acto de presentación do plan, que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación, participaron o presidente da institución provincial, José Luís Baltar; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o enxeñeiro xefe da Ãrea de Infraestruturas e Servizos da Deputación, Javier Bobe; o xerente de AquaOurense, Jesús Vázquez, e os alcaldes de San Cibrao das Viñas, Manuel Fernández, e de Pereiro de Aguiar, Eliseo Fernández.

José Luís Baltar dixo que este plan “nace co obxectivo de previr e corrixir os problemas de vertidos industrias que nos últimos tempos se teñen detectado nos polígonos industriais da contorna da capital ourensá, porque a Deputación, na súa labor de cooperación e asistencia aos concellos quere contribuír reducir e a minimizar o posible impacto dos vertidos, e por suposto, detectar os focos de contaminación para que a lei actúe en consecuencia cos infractores”.

Baltar destacou, sen embargo, que este plan non nace coa finalidade de sancionar “senón de achegar colaboración entre administracións e empresas para que entre todos poidamos ter un medio ambiente máis sostible e con menos contaminación”.

O Plan ten un custo de 321.000 euros na súa primeira fase de implantación, financiado a 10 anos por Aquagest, que comprende a instalación de catro estacións de control, o software informático especializado e a instalación de redes. A segunda fase de implantación ten un custo de 217.000 euros, asumidos polos concellos de San Cibrao e Pereiro, na que se realizan as analíticas da rede e o control de empresas, así como as operacións de mantemento. Finalmente, os custos de funcionamento ascenden a 266.000 euros, os cales serán repercutidos a través das correspondentes taxas ás empresas usuarias.

Dentro das actividades que se levarán a cabo dentro do plan figuran a realización dunha diagnose da calidade das augas residuais; a localización e mostreo de puntos estratéxicos da rede de saneamento; a elaboración dun censo de industrias; auditorías e asesoramento a empresas, e a clasificación dos vertidos en función do grao potencia de perigosidade.

Pola súa banda, Agustín Hernández explicou que este Plan de Vixiancia e Control de Vertidos ten por obxecto “identificar en tempo real calquera vertido que se produza na rede para poder identificar e actuar con rapidez para acometer as medidas de corrección pertinentes, e tamén ten a finalidade de perseguir as malas prácticas que poida repercutir no medio ambiente”.

Así mesmo, o titular de Medio Ambiente dixo que o sistema tecnolóxico de detección de vertidos que se pon en marcha “vai permitir a optimización do funcionamento dos sistemas de depuración de augas e contribuirá a minimizar o impacto dos vertidos nos Barbaña e Miño”.

Agustín Hernández destacou a labor que no eido medioambiental ven desenvolvendo a Deputación de Ourense, “moi especialmente no se refire ao tema de residuos sólidos e no tratamento de augas”, e explicou que a coordinación entre organismos e institucións é fundamental para que plans deste tipo vexan a luz, e neste senso, destacou a colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, os concellos e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, “pois no Plan Hidrolóxico co horizonte do 2015 está previsto un investimento de máis de 20 millóns de euros para plans de saneamento, e o plan que hoxe presentamos aquí e boa mostra da mellora que vai a experimentar a calidade das augas do río Barbaña”.

Tamén se referiu o conselleiro á ubicación do complexo medioambiental no concello de O Irixo, para dar servizo aos concellos do sur de Galicia, afirmando que a Xunta de Galicia está a tramitar o expediente presentado pola empresa que presentou o proxecto, e deixando claro que “a Xunta de Galicia garantirá o cumprimento máis estrito das normativas medioambientais que se aplique a esta ou a calquera outra instalación”. Agustín Hernández destacou que o complexo de O Irixo “é, ademais dunha planta de valorización enerxética, unha planta de tratamento de envases lixeiros e unha planta de compostaxe para optimizar e mellorar o funcionamento da recollida de residuos sólidos urbanos, cunha aposta moi importante pola diminución e redución deses residuos en todo o noso territorio”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2012-01-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES