As comisións por mantemento de conta corrente aumentaron no 2011 un 22,27%, manter unha conta de aforro é un 22,87% máis caro, e as tarxetas de pago se encareceron un 17,05% no caso das de débito.
Ademáis, puntualiza, as comisións estánse estandarizando en torno aos 30 euros anuais, “gravando incluso con cantidades adicionais nos casos de saldos medios inferiores aos 3.000 euros. Están discriminando ás persoas con menos recursos que sufren unha penalización maior”. A suba das comisións bancarias tamén se está a aplicar aos servizos financeiros básicos como o mantemento de contas correntes ou de aforrro que deberÃan estar exentas.
“Non é admisÃbel que a simple administración de depósitos en bancos implique nengún gasto, situación que non se deberiá consentir de maneira indefinida”. Jorquera considera que as consecuencias negativas para millóns de persoas por estas prácticas abusivas, “confÃrenlles un interese público e social que deben obrigar ao Goberno a adoptar medidas”.
As propostas do BNG
Entre as medidas que propón o portavoz do BNG, está a de instar ao Goberno a adoptar decisións que impidan que se produzan aumentos das comisións mentras dure a crise económica. Tamén se empraza ao Executivo a realizar unha supervisión das comisións establecendo lÃmites máximos por cada comisión en función de parámetros obxectivos que teñan en conta o custe real do servizo.
Asemade, Jorquera pide que se obrigue aos bancos a ofrecer información transparente do importe das comisións polos distintos servizos e notificar aos clientes as variacións cunha antelación de tres meses. Outra das propostas do BNG é a de regular legalmente a disposición dunha conta bancaria como servizo financeiro básico, e a exoneración do cobro de comisións por mantemento ou administración de contas.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.