
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Zaragoza nunha reunión de cooperación interrexional da Macrorrexión de Rexións do Sudoeste de Europa (RESOE), na que se sentaron as bases para estender esta fórmula de cooperación interrexional a outras rexións europeas, dando lugar a unha macrorrexión ampliada, de Burdeos a CoÃmbra.
Na xuntanza, que estivo presidida polo conselleiro de Presidencia aragonés, Roberto Bermúdez de Castro, tamén participaron representantes das rexións portuguesas do Centro e o Norte, das Comunidades Autónomas españolas de Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria, PaÃs Vasco, Navarra e La Rioja e da Rexión francesa de Aquitania.
Entre outras cuestións, os participantes acordaron sumar esforzos para contribuÃr ao impulso da competitividade e á dinamización do crecemento económico e o emprego, no marco da Estratexia UE 2020, que persegue un crecemento intelixente, sostible e integrador. Asà mesmo, as rexións que se deron cita en Aragón tamén conviñeron a necesidade de aumentar a súa integración, cohesión e conectividade, entre si e co resto de Europa.
Neste sentido, o encargado das Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, destacou que o proxecto de consolidar unha Macrorrexión no Suroeste de Europa ten un carácter “flexible, aberto e construtivo” e que o da Cohesión Territorial “é un tren que Galicia non pode perder”.
Durante a reunión, tamén se analizaron respostas compartidas e novas fórmulas de cooperación perante os grandes desafÃos de dimensión territorial que ten plantexados na actualidade a Unión Europea. É o caso do futuro da polÃtica de cohesión, con especial referencia ao novo marco financeiro 2014-2020; pero tamén doutras iniciativas adoptadas pola Unión Europea, como a Estratexia Integrada Atlántica, o Instrumento de Interconexión para Europa (Connecting Europe Facility), o Programa de Cooperación Territorial do Espacio Sudoeste Europeo (SUDOE) ou as Redes Transeuropeas de Transporte.
Estes novos ámbitos de cooperación, todos eles ámbitos de referencia para a cooperación interrexional, serán abordados segundo un modelo flexible, de xeito que as rexións poderán incorporarse ou subscribir aqueles proxectos e iniciativas que desexen.
Ademais, os participantes na reunión expresaron o seu convencemento de que a resposta a estes desafÃos compartidos non poden provir exclusivamente das administracións rexionais, senón que é necesario que se sume noutros niveis da administración e a sociedade civil, a través dosa xentes sociais, as universidade se os grupos de investigación, tal e como se vén facendo nos actuais grupos de traballo creados por Galicia, Castilla y León e a Rexión Norte de Portugal.
A Macrorrexión RESOE
A Macrorrexión RESOE é unha iniciativa “bottom up”, de “abaixo arriba”, que non vén impulsada directamente pola UE ou polos Estados, senón que corresponde á vontade de tres rexións -Galicia, Castilla y León e o Norte de Portugal- que desexan encarar as novas perspectivas financeiras da UE de xeito máis eficaz. De feito, en datas próximas terá lugar unha reunión cos responsables de cooperación territorial da Comisión Europea, para explicarlles os resultados dos traballos levados a cabo.
A Macrorrexión RESOE comezou os seus traballos o pasado 17 de setembro de 2010, coa sinatura en Valladolid dun ‘Memorando de Entendemento’ por parte dos presidentes da Xunta de Galicia, da Junta de Castilla y León e da Rexión Norte de Portugal.
A constitución dunha Macrorrexión é unha iniciativa de cooperación interrexional que vén enmarcada pola Estratexia UE 2020 da Comisión Europea, de investimento en innovación, economÃa do coñecemento e construción dun novo modelo económico.
Dadas estas premisas, a Comunidade Autónoma de Galicia, coa colaboración do Norte de Portugal e Castela e León involucrouse, hai xa un ano, na constitución da Macrorrexión RESOE co obxectivo de anticiparse ao escenario financeiro que se abre en 2014, con fórmulas de cooperación máis eficientes, cunha mellor coordinación das institucións e os recursos existentes.
Desde o inicio, a “Macrorrexión” pretendeu constituÃrse como un espazo funcional onde, despois de identificar intereses compartidos, se poidan atopar solucións conxuntas a problemas comúns. Búscase racionalizar a aplicación das polÃticas comunitarias a tódolos niveis e incrementar o nivel de eficacia da cooperación territorial.
Neste primeiro ano de traballo, que coordinou Galicia, procedeuse a constitución dos Grupos de Traballo, deuse a coñecer a iniciativa ante as institucións comunitarias, iniciáronse os primeiros proxectos concretos de cooperación e consolidouse a suficiente masa crÃtica para asentar as bases da ampliación, proceso que conclúe hoxe en Zaragoza.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.