
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, acompañado polo subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón, presentaron en rolda de prensa os resultados da segunda enquisa ‘Barómetro da Inmigración’, correspondente ao ano 2011.
Para a elaboración do Barómetro realizáronse 1.912 entrevistas telefónicas e presenciais a cidadáns españois e estranxeiros maiores de 18 anos. Delas, 798 corresponden a cidadáns españois residentes na Comunidade, 801 a estranxeiros residentes en Galicia, e 313 a cidadáns galegos con residencia no estranxeiro. Esta variedade de procedencias e residencias permite unha comparación interesante entre a propia percepción e a visión foránea.
O Barómetro reflicte opinións e percepcións nunha tripla perspectiva. En primeiro lugar, sobre o trato habitual existente entre os cidadáns nados en Galicia e as persoas inmigrantes; en segundo termo, en relación aos plans de futuro dos inmigrantes para se estableceren definitivamente no territorio galego ou retornaren ao propio; e finalmente, sobre se as condicións de vida dos inmigrantes son mellores aquà ca no seu paÃs de orixe. Asemade, e dada a vocación de continuidade da iniciativa posta en marcha polo departamento de Camba, permitirá, co paso dos anos, unha perspectiva real da evolución da perspectiva popular do feito migratorio.
Menos relación, pero mellor
Entre os datos máis salientables do estudio sitúase que o 38 por cento dos enquisados din que a relación entre inmigrantes e nativos mellorou nos últimos tempos, aÃnda que se rexistra un 22 por cento de estranxeiros residentes en Galicia que cren que a relación cos galegos é peor ca no 2010.
Tamén descende a porcentaxe, tanto de galegos coma de foráneos, que din manter relacións habituais uns cos outros. Igual ca sucedÃa o pasado ano, a maior parte das amizades xorden no ámbito laboral.
Cabe salientar a diferenza de perspectiva respecto da porcentaxe de inmigrantes en Galicia. AsÃ, mentres unha amplÃsima parte dos propios inmigrantes, e tamén dos galegos residentes no estranxeiro, acertan coa porcentaxe, unha boa parte dos nativos residentes en Galicia calculan moi por riba da cifra real.
O 37% dos residentes galegos consideran que os inmigrantes están bastante ou moi integrados, e cómpre destacar que esta porcentaxe aumenta no caso dos estranxeiros: a metade vese bastante ou moi integrados, aÃnda que, en contraste, hai que sinalar que o 44% cre que o está pouco ou nada.
Lexislación, e situación actual
Respecto a se as leis españolas son ou non tolerantes para a regularización dos inmigrantes, existe un dato que amosa unha gran diferenza nos resultados entre os galegos da diáspora e os residentes na Galicia territorial. AsÃ, o 68% do galegos residentes no estranxeiro considera que a lexislación é excesivamente tolerante, fronte a tan só un 9% dos españois residentes en Galicia. Canto aos propios inmigrantes, a maiorÃa deles decántanse por consideralas ‘axeitadasÂ’ e mesmo ‘tolerantesÂ’.
Outro dato rechamante é que máis dunha cuarta parte dos inmigrantes enquisados cualifican a súa situación como ‘peorÂ’ ca cando saÃron do seu paÃs, pero máis da metade considérana ‘igualÂ’ ou ‘mellorÂ’.
Posibles efectos da crise
Unha maiorÃa ampla, mesmo de galegos residentes en Galicia, considera un feito positivo ou moi positivo a presenza de nenos inmigrantes nas aulas, e o 40% considera a integración dos estranxeiros como un feito positivo para o desenvolvemento do paÃs. E case tódolos enquisados cren que os nenos foráneos non retrasan o normal funcionamento das aulas.
Iso si, constátase un descenso na visión do feito migratorio como algo positivo para a economÃa española na poboación nativa residente na Galicia territorial, un feito seguramente derivado das peores condicións económicas que sofre toda a sociedade. Moitos galegos residentes aquà consideran ademais que os inmigrantes teñen máis dereitos ca os propios galegos (trátase dun novo apartado da enquisa de 2011, polo que non se pode observar a evolución respecto de 2010).
Igualmente, cómpre salientar que unicamente o 22% dos galegos emigrados pensa no retorno definitivo como posibilidade de futuro, aÃnda que a metade si fala de retorno temporal, sobre todo por razóns familiares. Tódolos galegos da diáspora enquisados coinciden en que a promulgación da Lei de Retorno en Galicia, que xa prepara o departamento de Camba, será un feito ‘importanteÂ’ ou ‘moi importanteÂ’.
Comparativa co ‘Oberaxe’
En liñas xerais, os datos do segundo Barómetro da Inmigración debuxan liñas similares ás do Informe anual sobre la situación de la discriminación y la aplicación del principio de igualdad de trato por origen racial o étnico en España, editado polo Observatorio Español del Racismo y la Xenofobia (Oberaxe), se ben a percepción dos galegos nativos resulta bastante máis “integradora” cá dos españois no seu conxunto, estudio realizado nos últimos meses da anterior lexislatura nacional.
Isto pode explicarse pola profunda pegada histórica que deixou o feito da emigración no inconsciente colectivo galego, e tamén pola menor presión inmigratoria –especialmente de paÃses extra comunitarios- que recibe Galicia respecto doutras zonas de España.
O Barómetro da Inmigración, que está chamado a converterse nun elemento de referencia de gran utilidade para as institucións públicas e privadas que están a traballar no eido migratorio, é o primeiro impulsado dende a actual Administración autonómica. A elaboración do estudo en anos sucesivos, ademais de permitir a análise da evolución das opinións e percepcións sobre a inmigración en Galicia, tamén posibilitará afondar naquel tipo de consultas que poidan ter máis interese en cada momento, dado o carácter especialmente dinámico e cambiante do feito migratorio.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.