Galicia é a quinta comunidade autónoma que presenta un mellor grao de execución do gasto non financeiro ao peche do terceiro trimestre do ano 2011, cunha porcentaxe do 70,1%, que está baseado nun control do gasto corrente e nunha axeitada orzamentación dos gastos de capital.
De feito, segundo os datos do anterior Ministerio de EconomÃa y Hacienda, a 30 de setembro do ano pasado a Comunidade galega, é a segunda autonomÃa cunha maior execución dos gastos de capital, cun 59%, moi por riba da media, que está no 45,2%.
En canto ao nivel de pagos sobre obrigas recoñecidas, Galicia acada o 93,6%, mentres que a media se sitúa no 91,2%. Ademais, si se teñen en conta os estas obrigas recoñecidas nos gastos de capital, a Comunidade galega chega ao 90,9%, fronte ao 68,4% de media, co que é a terceira autonomÃa con maior porcentaxe, a primeira de réxime ordinario.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.