
A quinta edición da campaña Outono Gastronómico en Turismo Rural, posta en marcha pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, en colaboración coas asociacións de Turismo Rural de Galicia –Agatur, Fegatur e Pazos de Galicia-, pechouse o pasado 18 de decembro cun balance moi satisfactorio, que reflicte un movemento económico de 480.000 euros.
Más de 7.200 persoas puideron gozar dos 4.170 menús, paquetes ou fins de semana que comercializaron os 125 establecementos de Turismo Rural participantes nesta edición. En total foron 997 menús; 1.913 paquetes de Outono Gastronómico e 1.260 paquetes de fins de semana.
A promoción, que se levou a cabo entre o 15 de setembro e o 18 de decembro, baseouse no aproveitamento da oferta gastronómica que propoñen as casas de Turismo Rural de Galicia, contribuÃndo á desestacionalización do Turismo Rural galego nos meses de menor ocupación. En total, participaron 125 establecementos que presentaron 250 menús diferentes, especialmente ideados para a ocasión e que incluÃan viños das cinco denominacións de orixe galegas.
Campaña promocional
Para a promoción deste programa editáronse 88.000 dÃpticos informativos, 10.000 guÃas de menús e 500 carteis. Realizouse tamén un encarte de 85.200 exemplares do dÃptico informativo e desenvolveuse unha inserción publicitaria. O material promocional foi enviado a todas as oficinas de información turÃstica, centros comarcais, delegacións provinciais, campos de golf e diversas dependencias administrativas (xuventude, benestar, medio rural, medio ambiente...).
Como novidade da campaña, para o ano 2011 creouse o Oubono Gastronómico, que buscou a fidelización da clientela premiando ás persoas que estiveran aloxadas un mÃnimo de dúas fins de semana con unha terceira gratuÃta. Tamén se fixeron 4.000 delantais de cociña serigrafiados coas creatividades da campaña.
Notoria importancia tivo a campaña publicitaria online. Os banners deseñados para as distintas páxinas web onde se inseriu a información apareceron 5.909.718 veces (número de impresións). O resultado máis directo desta campaña online foron as 29.066 entradas directas no apartado da web de Turgalicia preparado con toda a información da campaña (esta cifra son os clics reais de entradas na web de Turgalicia que se producen cando se pincha nalgún dos banners de impresión visualizada). Estas cifras multiplican por seis a efectividade desta campaña on line con respecto ao ano 2010, que producira 5.898 entradas directas na web.
O número total de entradas que rexistrou a páxina web de Turgalicia para consultar especificamente a campaña do outono gastronómico de turismo rural foi de 43.397 persoas. Nestas visitas visualizáronse un total de 448.647 páxinas relativas ás casas participantes e aos menús elaborados. Estes menús xunto a toda a información desta campaña puideron consultarse na páxina web de Turgalicia www.turgalicia.es, de xeito que os clientes podÃan estudar previamente tanto as composicións dos menús como as fotografÃas e o resto das caracterÃsticas das casas participantes, a fin de facilitarlle a elección máis acaÃda aos seus gustos.
Alto grao de satisfacción
Do cuestionario enviado a todas as casas participantes, obtÃvose unha valoración moi positiva do paquete. AsÃ, nunha escala de 0 a 10 puntos, os participantes valoraron en 8,8 puntos o interese da campaña; en 9,2 puntos a oportunidade de darlle continuidade no 2012. Ademais cifraron en 7,2 puntos a contribución que esta fixo para o incremento das súas reservas.
Os datos obtidos dos clientes a través doutro cuestionario que cubrÃan voluntaria e anonimamente revelaron que para un 90,08% a relación calidade/prezo da oferta gastronómico rural foi boa, mentres que o trato e atención recibida mereceu a mellor cualificación por parte do 94,73 % dos enquisados.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.