Notas de prensa

A Deputación de Lugo abre oportunidades laborais impulsando o Máster de Actividades Educativas na Natureza

A Deputación de Lugo colabora co Universidade de Santiago de Compostela (USC) na organización do primeiro Máster en España de Dirección de Actividades Educativas na Natureza, no que participan 29 persoas, na súa maioría mestres procedentes de toda Galicia e de Asturias, ademais de educadores sociais e enxeñeiros forestais.

O organismo provincial achega 15.000 euros a esta innovadora acción formativa, coa que, ademais de impulsar a posta en valor dos recursos naturais e a sensibilización ambiental de nenos e maiores, abre novas oportunidades laborais na denominada economía verde ó ofrecer formación especializada en materia medioambiental moi práctica no mercado laboral da provincia. A institución reforza así a súa aposta por converter o medio ambiente como oportunidade económica da provincia para xerar riqueza e fixar poboación. A Deputación tamén colabora ofrecendo dúas becas ós alumnos, que se desenvolverán durante 8 semanas na primavera.

Este máster aborda unha materia que ata o de agora non se tratara en España, e no resto de Europa, tan só en países como Reino Unido e Suecia. Deste xeito, dota dunha identidade exclusiva a Maxisterio na súa nova andaina, ó pasar de Escola a Facultade, unha cualificación que aprobou o Consello de Goberno da USC a principios de ano e que se materializará nos vindeiros días. A acollida do curso foi tan boa que a organización decidiu ampliar a 29 as prazas dispoñibles.

As actividades do máster, que comezaron en setembro e continuarán desenvolvéndose ata o 18 de xuño, incluíron onte un percorrido polo núcleo lucense de Coeses, situado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, nun exercicio para ensinar unha mostra da cultura rural e a importancia de preservar o seu patrimonio. A acción formativa contempla de feito, xunto á parte teórica, que se imparte na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo, unha serie de saídas a espazos naturais. Así, ademais da de Coeses celebrada hoxe, haberá sesións de traballo no Courel e no Parque Nacional das Illas Atlánticas, entre outros lugares.

O curso toca temáticas de educación ambiental, educación ó aire libre, paisaxe, e a arte en relación coa natureza, e exercita ós alumnos no desenvolvemento de capacidades de xestión, organización e dirección de grupos e institucións.

Saídas laborais

Os postos de traballo que se poden ocupar con este máster son: profesor de educación; educador e técnico de asociacións de tempo libre en contornos naturais; xestor de clubs de deporte na natureza; técnico de educación e protección ambiental en Concellos e administración educativas; director de aulas da natureza; director de instalacións educativas en espazos protexidos; deseñador de guías da natureza e itinerarios; documentación de rutas; e promotor de actividades educativas con maiores ou discapacitados en contornos naturais.

A Deputación promoveu a formación especializada en medio ambiente para abrir ós profesionais lucenses novas oportunidades de inserción laboral poñendo en marcha as primeiras becas Lug02, que benefician a 18 mozos da provincia. Os bolseiros estiveron os primeiros 4 meses do ano en diversos países de Europa, onde traballaron en empresas punteiras. à volta, iniciaron un período de prácticas en firmas lucenses para poñer en práctica os coñecementos adquiridos que concluirán a mediados de xaneiro de 2012.


Gabinete de Comunicación da Deputación de Lugo, 2011-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES