Notas de prensa

O CETAL financia actividades de divulgación científica da Sociedade Micolóxica Lucus, que colabora no proxecto Amiga

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo asinou un convenio específico coa Sociedade Micolóxica Lucus, para establecer as pautas para realizar un traballo conxunto e colaborar en torno a diversos proxectos e actividades relacionadas co mundo dos fungos.

Neste senso, dende o CETAL lembran o Proxecto AMIGA (Aproveitamentos Micolóxicos en Galicia), que ten como obxectivos básicos a caracterización, desenvolvemento e xestión do recurso micolóxico a través de actuacións en 3 liñas fundamentais:
1. Caracterización analítica e sensorial das principais especies de fungos silvestres comestibles comerciais en Galicia.
2. Formación micolóxica para consumidores, público en xeral e empresas do sector.
3. Regulación e xestión micolóxica: deseño de iniciativas que potencien o desenvolvemento do sector e de modelos de xestión sostible do recurso.

Así pois, a asociación lucense colabora co CETAL nos estudos de campo e recollida de mostras, que se están realizando ao longo de toda a provincia, e facilitando a participación do centro nos seus comités científicos.

O CETAL comprometese, pola súa parte, a aportar á Sociedade Micolóxica Lucus unha achega económica destinada ao financiamento das actividades de colaboración co CETAL, descritas en dito convenio, e en particular, ao financiamento parcial dos custos das actividades de campo e de divulgación científica como: o “I Congreso Lucus de Asociacións Micolóxicas”; as “III xornadas de Micogastronomía”; os “Paseos Micolóxicos”; a “X Exposición de Cogomelos”; os cinco “Luns Micolóxicos” a celebrar ao longo de todo 2011; ou o acto conmemorativo do X Aniversario S.M.LUCUS; e diversos cursos.

A este respecto, cabe sinalar que, mañá, presentarán os cursos de micoloxía que realiza o concello de Lugo, en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus e co CETAL.

Eduardo Vidal incide en que “pretendemos, sobre todo, apoiar a posta en valor dun recurso ligado especialmente ao territorio galego, que pola súa vexetación, solo e clima é rico en diversidade de fungos. Este produto ten, ademais, un valor engadido en si mesmo, que hai que saber explotar, polos múltiples aproveitamentos que se lle poden dar, ben sexa como produto gastronómico, polas súas funcións biolóxicas, polo atractivo turístico que supón a súa presenza en sendeiros, entre outras”.

Gabinete de Comunicación do CETAL, 2011-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES