Notas de prensa

Durante o primeiro semestre de 2011 preto de 400 galegos ao día se conectaron a Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Nos 6 primeiros meses de 2011 máis de 26.000 galegos contrataron servizos de acceso a Internet grazas aos novos despregamentos de redes de telecomunicación que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a través do Plan de Banda Larga 2010-2013.

No primeiro semestre do ano producíronse diariamente unha media 145 altas de servizo de banda larga o que supón que preto de 400 galegos poidan acceder á Rede. Estes datos poñen de manifesto a boa acollida dunha das iniciativas tecnolóxicas máis relevantes da Xunta para reducir a fenda dixital e impulsar o acceso ás máis redes máis modernas de telecomunicación.

O obxectivo do Plan, posto en marcha en 2010, é dotar de cobertura a toda Galicia en 2013. Con esta finalidade xa se puxeron en marcha 4 das 6 accións previstas no plan, priorizando o ámbito rural galego e impulsando ao mesmo tempo a extensión das redes de telecomunicación máis punteiras con velocidades de 100Mbps. Nas vindeiras semanas porase en marcha unha nova actuación para dotar de cobertura a máis de 11.300 núcleos de rural e a 250.000 habitantes destas zonas ata 2013. Para acadar a cobertura no 100% da poboación estas accións completaranse cunha solución satelital para as zonas con máis dificultades orográficas.

Un 41% máis de galegos con cobertura

A día de hoxe, e tras a posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan de Banda Larga 2010-2013 son xa arredor de 321.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo. Isto supón reducir nun 41% a porcentaxe de galegos sen cobertura antes do inicio do Plan. En 2011 o Plan permitirá que a porcentaxe de galegos con acceso á rede chegue ao 83,70% fronte ao 70% existente en 2009.

A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. O ano pasado a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico pasou dun 20% a un 10% e a previsión é que en 2011 esta porcentaxe diminúa ata un 7%.

Paliar as barreiras económicas para conectarse a Internet

O elevado custo da conexión é a terceira causa aducida en Galicia para non contratar o servizo de Internet no fogar. Por iso a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica puxo en marcha un programa de axudas para que as familias galegas con menos recursos económicos poidan contratar a conexión a Internet nos seus fogares.

A Administración autonómica destinará no período 2011-2012 un investimento de 1.470.460 para a execución destas axudas, das que se poderán beneficiar a arredor preto de 8.200, que por ter menos recursos non dispoñían de conexión a Internet no fogar. Así se recolle nun acordo aprobado hoxe no Consello da Xunta.

Beneficiarios das axudas

Os beneficiarios destas axudas serán as familias residentes en Galicia, que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € e que soliciten unha nova alta de acceso. Para poder acceder á subvención, será condición obrigatoria que no domicilio non houbese contratada ningunha conexión a Internet no momento de efectuar a solicitude nin polo menos nos tres meses anteriores á publicación da convocatoria de axudas.

Ademais, os posibles beneficiarios deberán contratar a conexión de Internet cunha das operadoras de telecomunicacións acreditadas previamente pola Xunta de Galicia como entidades colaboradoras. O programa establece a concesión dunha única subvención por unidade
familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese período. A alta de liña e o importe dunha cuota mensual será asumido pola entidade colaboradora.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-08-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES