Notas de prensa

Besteiro consolida a Lara Méndez como Vicepresidenta 2ª da Deputación de Lugo

O organismo provincial incorpora por vez primeira a figura de Vicevoceira que será desempeñada pola Deputada socialista do partido xudicial de Chantada.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que, tras a xuntanza mantida co Partido Socialista, Lara Méndez consolídase como Vicepresidenta Segunda do organismo provincial para os vindeiros catro anos, de modo que a Deputada mariñana revalida o cargo por segundo mandato consecutivo. Despois de dirixir programas tan importantes para a Deputación e os Concellos como a implantación da administración electrónica a través do “Innova-TE, os primeiros programas de axuda ós autónomos ou o “Pacto Provincial polo Emprego”, Gómez Besteiro destacou que “Lara Méndez desempeñou un bo traballo no anterior mandato”, polo que a representante do partido xudicial de Mondoñedo repetirá no cargo.

Asimesmo, o máximo mandatario provincial avanzou que Manolo Martínez será o voceiro do PSOE na Deputación e Pilar García Porto desempeñará o cargo de Vicevoceira. Deste xeito, o equipo de goberno incorpora por primeira vez esta figura co obxectivo de impulsar con forza as novas liñas de traballo da Deputación, dando resposta ós retos actuais que afronta a provincia como son o despoboamento demográfico, a ampliación da banda longa xunto á administración electrónica, as enerxías renovables ou o aforro enerxético, entre outras. O Presidente afirmou que “hoxe damos un paso máis na conformación do goberno. Hoxe enviaremos esta comunicación ó servizo de Actas da Deputación confirmando as novas designacións”.

Deputados para as novas áreas

NotaO Presidente adiantou que a finais desta semana coñeceranse os nomes dos Deputados que xestionarán as diferentes áreas que conforman o goberno provincial e que foron presentadas o pasado sábado, prestando especial atención a un aspecto totalmente novidoso como é a demografía. A institución luguesa converteuse na primeira administración galega e pioneira en España na creación dunha área específica. As áreas non aumentan en número, seguirán sendo oito -6 do PSOE e 2 do BNG, como no mandato iniciado no 2007-, pero inclúen destacadas innovacións.

Ademais da Presidencia, que a maiores das competencias sobradamente coñecidas, comprende responsabilidades como: a Oficina de Planificación estratéxica (execución do 1º Plan Estratéxico Provincial, unidade de proxectos, etc); Comunicación; Atención ó cidadán; Protocolo; Parque Móbil; dirección da Fundación TIC e as accións coa comunidade exterior, existirán as seguintes áreas, que experimentan unha profunda renovación:

1.- Ãrea de Emprego, Economía Sostible e Demografía. Esta divídese en:
a) Medio Ambiente e Enerxías renovables (comercialización de productos autóctonos, Axencia provincial da enerxía, etc).
b) Economía do coñecemento, emprendedores e innovación (administración electrónica, centros como o de Innovación Social, a oficina de asesoramento ós emprendedores, etc).
c) Economía Rural e do Mar (Granxa Gayoso Castro, liñas de colaboración co medio rural e mariño, etc).

2ª.- Ãrea de Cooperación e Asistencia ós Concellos. Profundizará nas liñas iniciadas no anterior mandato que ademais aforraron cantidades contiosas ós municipios.
3ª.- Economía, Recadación e Facenda. Recadación cambia neste mandato de Cooperación cos Concellos para Economía e Facenda, por motivos de eficiencia e racionalización.
4ª.- Goberno interior. O antigo concepto de Recursos Humanos da un salto cara un novo concepto: o de goberno interior.
5ª.- Xestión Territorial. O antigo departamento de Obras e Infraestruturas da un salto cualitativo cara a xestión territorial, un concepto máis completo
Nota6ª.- Deseño e Artesanía (CENTRAD). Anteriormente dependente do INLUDES, asume e amplía a súa parte de Deseño.
7ª.- Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico, que xestionará Mario Outeiro.
8ª.- Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mociedade, que dirixirá Antonio Veiga.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES