
O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu o apoio do Goberno galego á Axencia Europea de Pesca e garantiu o compromiso da Xunta na loita contra o furtivismo. Durante unha visita á axencia, Feijóo comprometeu o traballo do Executivo galego para converter o furtivismo reincidente nun delito; e para protexer a todos os mariñeiros que cumpren coa veda, cumpren coas capturas e cumpren cos tamaños fronte aos que non o fan.
Deste xeito, Feijóo garantiu que o traballo da Xunta se está a facer en consonancia cos obxectivos da Axencia e co obxecto de garantir a viabilidade e sostenibilidade ambiental, social e económica da pesca. Neste senso, insistiu en que é perfectamente compatible xestionar os recursos pesqueiros de xeito responsable e garantir o desenvolvemento do sector e manter os postos de traballo.
Asà mesmo, referiuse aos medios contra o furtivismo, entre os que destacou: a recuperación das patrullas conxuntas entre gardacostas e PolicÃa autonómica e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; as incautacións de aparellos ilegais do mar, que no primeiro ano do plan se incrementaron un 80%; e a focalización das actuacións sobre zonas especialmente afectadas e sobre especies de valor, de xeito que, no caso da rÃa do Burgo subiron as incautacións de bens nun 1.000% e os comisos de mariscos en máis dun 600%.
O responsable do Goberno galego cualificou de gran acerto que se escollese Vigo como sede para unha tarefa tan importante como a inspección pesqueira e aseverou que é tamén un orgullo para Galicia que se desenvolva esa tarefa aquà e que, aquÃ, se concibisen logros moi importantes para o sector pesqueiro como: minorar un problema que se percibÃa no sector pesqueiro da UE, que sempre uns paÃses eran máis cumpridores que outros e habÃa Estados que tiñan máis flexibilidade na aplicación das normas; ou impulsar un regulamento para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e que entrou en vigor en xaneiro de 2010.
Feijóo resaltou a Axencia Europea de Pesca como un exemplo máis de que Galicia está integrada na Unión Europa e de que a comunidade participa nos asuntos comunitarios, en especial, naqueles nos que ten máis experiencia como é o sector pesqueiro.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.