
En aplicación do ditame sobre as AECT tense creado esta rede de AECT da que formarán parte representantes polÃticos e técnicos do ámbito europeo.
Gamallo, que moderou a primeira mesa redonda do encontro, destacou os elementos principais do ditame do Comité das Rexións sobre a revisión do Regulamento das AECT do que foi relator o Presidente da Xunta de Galicia. AsÃ, destacou a idoneidade desta nova figura xurÃdica para canalizar programas ou proxectos de cooperación territorial e que servirá para unha mellor adaptación de cara ás necesidades que poidan aparecer neste ámbito a partires de 2014, cando se inicie o novo perÃodo de programación financeira na UE.
O director xeral incidiu na importancia do valor engadido que debe aportar o Comité das Rexións no desenvolvemento das AECT. Referiuse en concreto, á posta en marcha desta Plataforma de seguimiento das AECT que levará a cabo unha avaliación permanente do desenvolvemento desta normativa e da súa implantación práctica, facilitando o intercambio de experiencias e unha maior visibilidade deste instrumento de cooperación. Para Gamallo “esta Plataforma será un órgano chave na tarefa de apoio e asesoramento das AECT.”
Dende a óptica galega o director xeral destacou o papel activo que as AECT deben ter no desenvolvemento dunha cooperación territorial máis dinámica, centrada na busca de solucións innovadoras, na optimización dos recursos e no aumento da eficiencia na xestión. A xuÃzo de Gamallo “todas as autoridades rexionais e locais deberÃan chegar a coñecer as vantaxes da cooperación territorial institucionalizada”.
Neste acto de lanzamento da plataforma das AECT tomaron tamén parte, entre outras autoridades, a presidenta do Comité das Rexións europeo, o presidente da comisión de cooperación territorial deste organismo europeo e o Ministro de Estado húngaro de Xustiza e Administracións públicas.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.