
A ConsellerÃa do Mar impulsa o mexillón de Galicia no mes de decembro a través de dúas campañas promocionais e dunhas xornadas gastronómicas que poñen en valor este produto. O obxectivo destas iniciativas é mellorar a comercialización do mexillón galego durante o Nadal, incrementar a súa competitividade fronte a produtos foráneos, potenciar a Denominación de Orixe Protexida e proporcionar unha maior información aos consumidores. Neste sentido, a consellerÃa realizou ademais en novembro o concurso profesional de cociña dedicado a este produto. A estas campañas e accións destina máis de 200.000 euros.
No que respecta ás campañas, a ConsellerÃa está a facer a promoción do Mexillón de Galicia en máis de 300 valos publicitarios e en máis de 500 puntos de venda de cidades de toda Galicia utilizando respectivamente os slogans Unha fonte de pracer e Hoxe pide Mexillón de Galicia. Unha fonte de pracer. Nos puntos de venda –mercados de abastos, supermercados e grandes superficies- repartiranse en total ao longo do mes máis de 500.000 trÃpticos, 3.000 pezas para colgar coa creatividade da campaña e 6.000 carteis por establecementos comerciais de toda Galicia.
Por outra banda, a ConsellerÃa, en colaboración con Cehosga, está a desenvolver, nas sete principais cidades galegas, as Xornadas Gastronómicas do Mexillón de Galicia nas que participan 88 empresas de restauración que inclúen nas súas cartas e menús un mÃnimo de dúas referencias que teñen como principal ingrediente o mexillón galego.
A ConsellerÃa do Mar destaca a importancia das accións de promoción deste tipo de cara a recuperar os hábitos de consumo do mexillón galego despois dos perÃodos de tempo con dificultades por parte dos produtores para manter un bo nivel de abastecemento do mercado debido a afección da toxina lipofÃlica.
Feira de Mostras da Coruña
Estas e outras campañas desenvolvidas pola ConsellerÃa do Mar están presentes na Feira de Mostras da Coruña Femaga – que se celebra dende o 4 de decembro ata o mércores 8- nun stand institucional de preto de 50 m2 no que os asistentes poden coñecer estas iniciativas que impulsan o consumo de mexillón e doutros produtos do mar como a marca Pescaderias, e as campañas Mar Achega, O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao teu bocata.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.