Notas de prensa

O 49º FITCE reúne en Compostela a 500 profesionais das telecomunicacións da Unión Europea (UE)

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, cualifica de "ambiciosos pero alcanzables" os obxectivos da Axenda Dixital de Galicia para acadar un crecemento sostible e converxer con Europa 2020 a través das TIC. 2014.gal foi presentado no 49º Congreso FITCE.

O Goberno galego, a través das iniciativas previstas na 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, está a traballar “para crear emprego e riqueza, construír unha administración máis eficiente e cercana, capacitar aos cidadáns para o mercado global e dotar á Comunidade de infraestruturas de telecomunicacións modernas e sostibles”. Así o destacou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, durante e a inauguración da 49 edición do Congreso FITCE, o simposio europeo das TIC que se celebra en Santiago de Compostela ata o 4 de setembro baixo o lema “O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións europeas”.

A responsable do departamento autonómico indicou que os compromisos recollidos na Axenda Dixital de Galicia son “ambiciosos pero alcanzables” e con eles a Xunta demostra o seu interese e o esforzo en “aproveitar as oportunidades que trae consigo a nova era dixital e asume o reto de converxer con Europa no 2020”.

Liñas de actuación de 2014.gal

Mar Pereira lembrou que 2014.gal é a estratexia global da Xunta de Galicia en materia tecnolóxica e “establece a folla de ruta para acadar un crecemento sostible e converxer con Europa no 2020”. Entre os obxectivos establecidos na Axenda Dixital está a promoción e a creación, no ámbito da economía do coñecemento, e máis de 12.000 empregos ata 2014, pasando do 1,6% ao 2,5% da poboación ocupada. Ademais, potenciarase a transformación do sector da economía do coñecemento para aumentar a súa actividade económica en 800 millóns de euros máis para o 2014, pasando do 4,8% ao 6% do PIB.

A Axenda Dixital de Galicia permitirá modernizar a Administración para facela máis eficiente e próxima á sociedade, facendo realidade unha verdadeira relación telemática cos cidadáns. Neste sentido, a secretaria xeral indicou que “o obxectivo é que en 2014 todos os expedientes administrativos poidan ser tramitados por Internet e que o 100% dos funcionarios públicos teñan competencias dixitais para conseguir unha verdadeira Administración electrónica”.

A capacitación dixital da sociedade é outra das liñas de actuación previstas na Axenda Dixital contemplando medidas para reducir drasticamente a fenda dixital co obxectivo “irrenunciable de converxer coa Unión Europea nos indicadores esenciais de emprego das TIC en fogares, pemes e autónomos”.

O elemento imprescindible para acadar estes obxectivos é, segundo destacou Mar Pereira, poder contar con infraestruturas de telecomunicacións modernas e sostibles, un obxectivo no que se está a traballar a través do Plan de Banda Larga de Galicia. Así, o 100% da poboación poderá contar con banda larga de polo menos 2 Mbps e un millón de galegos terán acceso a redes de nova xeración con velocidades de 100 Mbps en 2013.

Converxer con Europa

A responsable de Innovación Tecnolóxica da Xunta, destacou que a creación desta Axenda, plenamente aliñada coa Axenda Dixital Europea, “pon de manifesto que malia que o Camiño de Santiago constitúe o primeiro nexo de unión entre Galicia e Europa, os seus vínculos non se limitan a esta ruta de peregrinación. A través das súas correspondentes Axendas Dixitais, as dúas asumen o compromiso de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador que permita obter altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social. “

49 edición FITCE

Nesta nova edición de FITCE, organizada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), co respaldo da Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación (AEIT), debaterase sobre o estado e os proxectos de futuro das infraestruturas de telecomunicacións na Unión Europea baixo o lema “O camiño de Santiago e as telecomunicacións europeas”.

Un total de 500 profesionais das telecomunicacións de toda Europa participarán ata o vindeiro día 4 neste simposio internacional no que se desenvolverán once presentacións orais, catro sesións de posters e dúas mesas redondas (integradas polos principais fabricantes e operadores de telecomunicacións do país).

Os relatores analizarán o campo dos servizos e aplicacións TIC, afondando na nova era tecnolóxica e nas aplicacións avanzadas que permitirán acceder a infraestruturas intelixentes. Así mesmo, abordarán a aplicación da fórmula I+D á configuración de Internet, á vez que exporán os retos aos que se enfrontarán os reguladores das telecomunicacións ao vivir inmersos na sociedade da información.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, 2010-09-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel_baltar_baston.jpg) Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
Foto de la tercera plana (real_academia_galega_encontro.jpg) El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.

Notas

Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
Así o definiu o conselleiro de Cultura que participou no acto de peche oficial deste evento que rematou cun programa de actividades profesionais moi completo. O paquete tren, unha das novidades, posiciona a Ourense como destino de proximidade con cidades como Santiago e A Coruña.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A crise e os políticos: As palabras de Emilio Botín a pasada semana chamaron poderosamente a atenci...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania