
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou o apoio “loxÃstico e promocional” que o Goberno galego presta á pescada do bonito, que ten convertido Burela no segundo porto de España en número de capturas. O mandatario galego visitou esta mañá a lonxa de armadores de Burela, onde percorreu as áreas de venda de bonito e do Gran Sol, o almacén de expedición de peixe e embarcou nun barco de pesca.
O presidente da Xunta precisou que dous barcos que están permanente traballando na zona onde se pesca esta especie serven de apoio loxÃstico ás tripulacións que participan na pescada do bonito; un deles, facendo de apoio loxÃstico, de medicina e telemedicina e, por suposto, servindo como punto de evacuación mediante os helicópteros, dixo.
No que se refire ao apoio promocional, explicou que o bonito que se pesca en Galicia e que sae a través de Burela leva unha etiqueta verde que acredita a calidade do bonito do Norte, a legalidade da súa captura, o barco onde é collido e tamén a zona onde é pescado.
Sostibilidade ambiental, económica e social
O mandatario galego sinalou que a pescada do bonito é “clave” na Mariña lucense por unha serie de particularidades que están baseadas sempre nun principio básico que é a sostibilidade ambiental, económica e social. A sostibilidade ambiental, proseguiu, é “unha garantÃa e un indicador especÃfico da campaña do bonito porque o propio bonito establece a súa propia veda natural”. Neste contexto, explicou que a propia arte de pesca do curricán obriga a que non se poida coller outra especie que non sexa o bonito.
Sobre a sostibilidade económica, expuxo que son moitas familias as que viven da pescada e que este peixe rexistra un alto volume de facturación. Feijóo resaltou que Burela é o segundo porto de España en importancia de capturas deste tipo de peixe posto que o 70 por cento de todo o bonito que entra en Galicia entra polo porto de Burela.
Asà mesmo, destacou que estamos nunha temporada de bonito “especialmente intensa” tanto pola súa contÃa como pola súa facturación. “Estamos rexistrando un 60 por cento máis de capturas que no ano 2009 e cun 45 por cento máis de vendas que o pasado ano. Polo tanto, estamos nun momento importante”, subliñou.
No tocante á sostibilidade social, argumentou que se está a manter poboación dentro da costa que converte a Burela nun dos concellos onde a poboación “non soamente se mantén, senón que se incrementa”. Ademais, agregou, é unha poboación que integra culturas como consecuencia das tripulacións dos barcos que residen na zona.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.