Notas de prensa

5ª edición do PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS

Ven de quedar restablecido o Plan Renove de Electrodomésticos 2010, tras quedar solventadas as incidencias de tipo técnico xurdidas coa posta en marcha dunha nova aplicación informática.

Cómpre lembrar que isto levou ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito á Consellería de Economía e Industria, a acordar a suspensión temporal da tramitación do Plan con ADEN (Asociación Nacional de Distribuidores de Electrodomésticos), en tanto non se subsanasen as devanditas deficiencias, co compromiso de volver a habilitalo, en poucos días, a través da aplicación informática coa que o Inega viña desenvolvendo o programa en convocatorias anteriores. Deste xeito cúmprese o compromiso anunciado a semana pasada polo conselleiro de Economía e Industria de que o Plan estaría dispoñible en poucos días.

Economía e Industria pide de novo desculpas a todos os usuarios que se viran afectados por estas incidencias, e agarda que o programa se poda desenvolver con éxito e cumpra o seu cometido último, que é o de que máis de 33.500 familias poidan aforrar, mediante a substitución dun electrodoméstico antigo por outro máis eficiente con etiquetado enerxético A ou superior, unha media anual de 40 euros na factura da luz. Ademais estímase que con esta actuación de aforro e eficiencia, maioritariamente no sector doméstico, se xerará neste exercicio un investimento asociado de ao redor 12,4 millóns de euros, un aforro de enerxía primaria de 16.000 MWh e unha redución na emisión á atmosfera de 2.500 toneladas de CO2.

Todas as vendas incluídas no Plan que se tivesen realizado ata o aprazamento do mesmo, aínda que non puidesen ser rexistradas na aplicación, serán tidas en conta.

O Plan Renove de Electrodomésticos 2010 é a quinta edición desta campaña de aforro e eficiencia enerxética, na que o Inega leva investidos preto de 20 millóns de euros, incluídos os 3,1 millóns de orzamento inicial destinados neste exercicio, para incrementar o aforro enerxético e económico nos fogares galegos mediante a substitución de aparatos vellos por outros máis eficientes desde o punto de vista enerxético.

Cos catro Plans Renove de Electrodomésticos desenvolvidos ata actualidade posibilitouse a compra de máis de 187.000 electrodomésticos eficientes, que superarán os 220.000 cando se complete a execución do Plan 2010, o que demostra o excelente nivel de acollida que ten esta campaña entre o conxunto da cidadanía. Ademais, tendo en conta que cada familia galega aforra uns 40 euros anuais na factura da luz mediante a substitución dun electrodoméstico por outro con clasificación enerxética A ou superior, cos 220.000 electrodomésticos substituídos, terase posibilitado un aforro na factura eléctrica das familias galegas de case 9 millóns de euros.

77 millóns de euros de investimento asociado

Pero a maiores do aforro económico, o Instituto Enerxético de Galicia xerou coa execución deste Plan xa case 90.000 MWh de aforro en enerxía primaria, que superarán os 105.000 cando se complete a realización do Renove de Electrodomésticos 2010, así como unha redución superior ás 15.000 toneladas de CO2 evitadas á atmosfera. A través das cinco edicións desta campaña o Inega terá incentivado un investimento total asociado de 77 millóns de euros.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria, 2010-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel_baltar_baston.jpg) Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
Foto de la tercera plana (real_academia_galega_encontro.jpg) El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.

Notas

Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
Así o definiu o conselleiro de Cultura que participou no acto de peche oficial deste evento que rematou cun programa de actividades profesionais moi completo. O paquete tren, unha das novidades, posiciona a Ourense como destino de proximidade con cidades como Santiago e A Coruña.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A crise e os políticos: As palabras de Emilio Botín a pasada semana chamaron poderosamente a atenci...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania