Notas de prensa

283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural

A Consellería de Economía e Industria ven de conceder máis de 1,8 millóns de euros á modernización e implantación de comercios situados nas zonas rurais de Galicia, así como en diversas rutas do Camiño de Santiago.

O obxectivo fundamental é o de dinamizar a actividade comercial nos concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes ou núcleos rurais ubicados en concellos de máis de 10.000 habitantes.

Así o explicou hoxe en rolda de prensa a directora xeral de Comercio, Nava Castro, quen adiantou que a resolución desta orde de axudas, que supón un incremento de case un 27% con respecto á anterior, beneficiará a un total de 283 comerciantes de 129 concellos das catro provincias galegas, “nun novo impulso para promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia, así como en diversas rutas do Camiño de Santiago”.

Do total de comerciantes beneficiados, 113 están ubicados en 46 concellos da provincia da Coruña, que se repartirán case 742.000 euros, seguidos dos 76 instalados en 36 concellos da provincia de Lugo e dos 52 con negocio en 29 concellos da provincia de Ourense, que se beneficiarán dunhas achegas globais de 540.000 euros e case 329.000 euros, respectivamente. Os 42 comerciantes dos 18 concellos beneficiados da provincia de Pontevedra repartiranse máis de 256.000 euros en axudas da Consellería de Economía e Industria.

Os comerciantes, ao abeiro desta orde xa resolta, poderán subvencionar os custos de reforma e ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2; o custo de adquisición de moblaxe, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial; o deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio; a adquisición de vehículos comerciais, debidamente rotulados co nome e enderezo do establecemento comercial, para a distribución dos seus productos.

A directora xeral de Comercio apuntou que a orde que ven de resolverse incluíu “un novo e importante colectivo de beneficiarios, como son os comerciantes ambulantes, ademais de impulsar unha nova promoción e incentivación para os comercios situados nas diversas rutas do Camiño de Santiago”, ao tempo que se promocionan produtos de denominación de orixe galega e produtos amparados pola etiqueta Artesanía de Galicia e/ou recollidos baixo a marca de Galicia Calidade.

Do total de comerciantes beneficiados polas axudas do departamento que dirixe Javier Guerra, Nava Castro sinalou que 17 son vendedores ambulantes (6 da provincia de A Coruña, 5 da de Ourense, 4 da de Lugo e 2 da de Pontevedra), que contarán con achegas económicas para a anteriormente mencionada renovación de vehículos e o cambio de toldos.

Coa resolución desta orde, a Consellería de Economía e Industria puxo en marcha novos criterios de selección que responden máis axeitadamente á realidade da distribución comercial do rural galego. Así, tívose en conta á hora de valorar as solicitudes a declaración-compromiso de uso e posterior utilización da lingua galega en campañas publicitarias, elementos promocionais e na sinalización interior e exterior do establecemento comercial, o acceso por primeira vez á subvención, os proxectos de nova implantación, a pertenza a unha asociación de comerciantes, a posta a disposición dos clientes de medios de pago eléctrónicos e a adhesión ao sistema arbitral de consumo.

Esta orde axudas insírese no programa IV do Plan Ágora-Agora re-Comercia, dotado globalmente cun orzamento de case 130 millóns de euros, de mellora do aprovisionamento das zonas rurais. Os obxectivos son mellorar a accesibilidade da oferta ao consumidor residente en zonas rurais, a partir da mellora da competitividade do comercio rural modernizando os establecementos comerciais e adaptando o comercio rural ás necesidades do consumidor, e fomentar medios e novas fórmulas comerciais para a mellora do aprovisionamento en zonas rurais, ademais de apoiar ao comercio ambulante como distribuidor comercial nas zonas rurais.

Gabinete de comunicación da Consellería de Economía e Industria, 2010-08-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel_baltar_baston.jpg) Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
Foto de la tercera plana (real_academia_galega_encontro.jpg) El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.

Notas

Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
Así o definiu o conselleiro de Cultura que participou no acto de peche oficial deste evento que rematou cun programa de actividades profesionais moi completo. O paquete tren, unha das novidades, posiciona a Ourense como destino de proximidade con cidades como Santiago e A Coruña.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A crise e os políticos: As palabras de Emilio Botín a pasada semana chamaron poderosamente a atenci...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania