Notas de prensa

O escritor melidense Xosé García gaña o Meiga Moira de Literatura Infantil

O escritor e xornalista afincado en Melide, Xosé García Rodríguez, vén de facerse co primeiro Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira, convocado por Baía Edicións.

NotaA obra galardoada foi O lume dos soños –presentada baixo o lema de Ãlvaro Edén-, e será publicada en breve. Ademais, tamén se fixo merecente dos 2.500 euros con que estaba dotado o concurso. O xurado emitiu o seu fallo o pasado 27 de setembro, e estivo integrado polo profesor de Literatura Galega na Universidade da Coruña, Carlos Paulo Martínez Pereiro, a profesora de galego no ensino medio Dores Fernández López, e os escritores Cristina Sáez Cázallas e Xavier Barreiro Liz, que actuaron de vocais; María Belén López Vázquez representou a Baía Edicións e fixo de secretaria. O libro gañador editarase baixo o pseudónimo de Cibrán Ulloa, nome que pretende ser unha homenaxe á terra de Palas de Rei, na provincia de Lugo, onde o autor ten afundidas as súas raíces. Xosé García xa publicara hai catro anos o poemario Presencia da Fenda, que obtivera o Premio de Poesía Letras de Cal e foi publicado pola editorial homónima. Para Xosé García este premio agacha moitos anos de traballo dedicados á literatura e supón unha recompensa que me animará a seguir queimando horas e neuronas nun labor que non sempre acada o recoñecemento que a un lle gustaría que tivese. Nesta ocasión, afortunadamente, os fados puxéronse da miña parte. O escritor melidense engadiu, con respecto á obra gañadora, que pretende ser unha reivindicación do dereito a soñar con outras realidades ou, cando menos, cun mundo mellor ca este no que nos tocou vivir e no que a imaxinación e a fantasía corren o risco de converterse nunha simple mercadoría en troques de seguiren como as ferramentas de liberdade que son. En canto a Baía Edicións, fixo público un comunicado no que afirmou que, con este premio desexa potenciar a colección Meiga Moira e que esta sexa unha contribución singular, dentro do panorama editorial galego, para a aparición de obras de todos os xéneros encamiñadas a dotar de mundos literarios propios e de incentivos creativos que posibiliten que o noso idioma cree pouso tamén entre os galegos e galegas máis novos.
Polo demais, Xosé García é xornalista e iniciou a súa carreira profesional en La Voz de Galicia. Actualmente é o responsábel de prensa do Sindicato Labrego Galego, dirixe o periódico Fouce, e colabora co semanario A Nosa Terra.

Baía Edicións, 2004-09-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES