A Consellería de Traballo e Benestar destina este ano un total de dous millóns de euros para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica. Así o destacou a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, na entrega de premios do concurso Proxectos e Ideas Innovadoras USC Uniemprende, unha iniciativa da Universidade coa que colaborou a Dirección Xeral de Promoción do Emprego cunha partida de 18.000 euros.
O certame recoñece o labor dos emprendedores que presentan proxectos de empresas innovadoras, sempre que os plans estean promovidos por estudantes, licenciados ou investigadores universitarios. “Uniemprende é unha actuación pioneira dentro e fóra de España no impulso de iniciativas emprendedoras desde a Universidade”, indicou Mato.
Sobre a importancia de apoiar aos emprendedores galegos en todos os ámbitos fixo moito fincapé a conselleira na súa intervención no acto. “Eles son os dinamizadores económicos do noso territorio e na medida que fomentemos as súas iniciativas altamente cualificadas estaremos apostando polo emprego de calidade, por empresas de calidade e por unha alta competitividade”, apuntou Mato.
Así, destacou que o departamento autonómico que dirixe, ademais de reservar dous millóns de euros para proxectos de base tecnolóxica impulsa, entre outras actuacións, o programa empresa-concepto para a análise e asesoramento de cara á materialización de proxectos empresariais nacidos do ámbito universitario.
“Non podemos permitir que as boas ideas creadas polos nosos estudantes e investigadores non teñan cabida en Galicia e, por iso, non debemos deixar de aproveitar esta dose extraordinaria de competitividade e innovación”, sinalou.
Por iso, explicou que a Consellería está a planificar unha mellora no aproveitamento da transferencia de coñecementos ao servizo da sociedade, incidindo no ámbito dos servizos sociais. Ao respecto, expuxo que o Goberno galego vén de por en marcha o Plan Sociolaboral que busca a dinamización empresarial neste sector, así como o aproveitamento da creación de empregos que xerará 10.000 postos de traballo anuais ao longo do que resta de lexislatura.
Mato tamén explicou que o Plan Galego de Maiores, que se porá en marcha despois do verán, impulsará a innovación e a investigación aplicadas ao eido dos servizos.
“Por todo elo, hai que loitar pola importancia de que o ámbito empresarial sexa receptivo á política de integración e intercambio de coñecementos”, concluíu a conselleira.
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que su Gobierno remitirá al Parlamento gallego un proyecto de ley para modificar la Ley de Cajas de Galicia -que introduce una disposición transitoria- para su aprobación "inmediata" con el objetivo de dar "seguridad jurídica" a la fusión de Caixa Galicia y Caixanova, que "deberá estar operativa" el 1 de diciembre de 2010.
Un total de 316 personas "velarán por la seguridad" del MTV Galicia 2010 que reunirá, el domingo, día 5 de septiembre, en el Monte do Gozo de Santiago de Compostela, a unos 25.000 asistentes para disfrutar de los conciertos que ofrecerán los grupos Arcade Fire, Echo & The Bunnymen, The Temper Trap y los gallegos Cornelius 1960, en el marco del Xacobeo 2010.

