
O Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, foi o encargado de dar apertura á conferencia “Alfonsina Storni e RosalÃa de Castro, poetas de dous séculos e de dous mundos” realizada no Salón Dourado da Lexislatura porteña, organizado pola Subdirección de Cultura da Cidade coa colaboración do Goberno galego.
López Dobarro agradeceu á Lexislatura da Cidade de Buenos Aires, asà como ao Ministerio de Cultura da Cidade o ter acollido de tan bo grado esta iniciativa sobre “dúas mulleres senlleiras das letras” que “non compartiron época nin territorio” pero que “teñen tantas cousas en común”. Asà mesmo, Dobarro salientou que esta actividade forma parte das programación da Delegación do Goberno galego en Buenos Aires con motivo do DÃa das Letras Galegas, que este ano se dedica a UxÃo Novoneyra.
Alfonsina Storni
A Subdirectora de Cultura do Goberno da Cidade Autónoma, Josefina Delgado, abordou no seu relatorio a figura e a obra da poeta arxentina –nacida en SuÃza- Alfonsina Storni, de quen é biógrafa e estudiosa. Na súa alocución, Josefina Delgado trazou as liñas de unión e separación entre as dúas escritoras. Diferenciadas polas épocas e os contextos sociais, polÃticos e nacionais, RosalÃa e Alfonsina compartiron, segundo Delgado, a súa caracterÃstica de “mito popular” ao tempo que amosan “tras esa primeira impresión melancólica”, unha posición de vangarda e de ruptura co papel que se espera delas como poetas e como mulleres.
“As dúas, sen dúbida, -propuxo Delgado- tiveron que loitar contra avatares e feridas semellantes que marcaron un derroteiro que só atopa solución na poesÃa, que é a voz dos que non poden ser ouvidos doutro xeito”. Asà mesmo, desvelou feitos pouco coñecidos da biografÃa de Alfonsina Storni, como que foi, en 1924, unha das tres poñentes que representaron a Arxentina no Primeiro Congreso Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.
Para Delgado, Alfonsina, como en parte RosalÃa, toma como tema principal a crÃtica á sociedade patriarcal e a desigualdade entre os homes e as mulleres. Pero faino, segundo explica, mediante un desdobramento do eu poético que funciona como eficaz mecanismo de comunicación que agocha detrás do eu lÃrico unha conversa coa súa verdadeira personalidade e o diálogo con outras mulleres.
RosalÃa de Castro
A semblanza de RosalÃa de Castro comezou pola descrición do tempo que lle tocou vivir. A súa orixe, a formación cualificada que recibiu e a súa escolla do idioma galego forman parte de unha historia que aÃnda está sen contar en Buenos Aires. Nesta liña, o profesor Carlos Brandeiro expuxo as facianas máis afastadas da RosalÃa lÃrica e aldeá.
Segundo expuxo, RosalÃa de Castro foi unha muller de “alma rupturista” que denunciou as inxustizas do momento que lle tocou vivir e que proclamou a validez do galego para a poesÃa e a literatura”. “RosalÃa foi unha muller que defendeu as mulleres redefinindo o seu papel na literatura”, remarcou Brandeiro.
Ademais da súa defensa da muller, RosalÃa dignificou aos traballadores, aos campesiños e converteuse coas súas obras nunha figura das letras non só galegas senón tamén castelás, resumiu Carlos Brandeiro.
Durante o encontro recitáronse os textos “Xan” de RosalÃa de Castro e “Capricho” Alfonsina Storni. Ao remate, proxectouse un vÃdeo cun compilado de imaxes e referencias dos contextos sociais, culturais e vitais das dúas autoras.
Xacobeo e Bicentenario
MarÃa Amelia Alonso, asesora da Xefatura de Gabinete do Goberno da Cidade e coordinadora da conferencia, puxo o énfase na elección destas dúas figuras das letras arxentinas e galegas como un sÃmbolo que resume o espÃrito de encontro que este ano amosan o Xacobeo 2010 e o Bicentenario da República Arxentina.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.