
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura inaugurou a exposición 33 escritores vistos por LuÃs Seoane dentro dos actos galegos da Feira Internacional do Libro de Bos Aires. A mostra, organizada pola Xunta de Galicia, subsecretarÃa de Cultura do Ministerio de Cultura porteño e a Fundación LuÃs Seoane, supón para o Goberno Autonómico unha contribución ao recordo, ao estudo e ao recoñecemento da obra e o pensamento do gran artista e intelectual galego-arxentino que foi LuÃs Seoane, en conmemoración do cen aniversario do seu nacemento. A exposición do artista galego poderá visitarse ata o 16 de maio de martes a domingo con entrada gratuÃta.
Para a Xunta de Galicia, esta mostra é unha pequena testemuña decisiva para achegarse ao universo intelectual e vital dun pintor de mirada cosmopolita como foi LuÃs Seoane. A exposición xoga coas inquedanzas literarias e artÃsticas que fan de LuÃs Seoane un dos galegos que máis se preocupou no seu século pola posta en valor do gran elenco das letras e artes universais, segundo un criterio propio construÃdo en base a unha vida entregada ao intercambio cultural na que merece destacarse a relevancia das súas conexións con Arxentina e o ámbito iberoamericano.
Na obra de Seoane expóñense retratos de Kafka, Chesterton, Stevenson, Borges, Salinas, autores que pasaron polo trazo á vez libre e preciso deste artista que non só conviviu coa plástica, senón con todas as formas da palabra verbo da súas múltiples facetas como lector, escritor, crÃtico ou divulgador.
A exposición 33 escritores vistos por LuÃs Seoane, completa dúas xornadas de recoñecemento á vida e obra do escritor galego no centenario do seu nacemento, complementando a conferencia “Seoane entre dou mares”, que Ramón Villares expuxo onte na Feira Internacional do Libro de Bos Aires.
RosalÃa de Castro
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, inaugurou asemade na Feira Internacional do Libro de Bos Aires a Sección Galega RosalÃa de Castro da Biblioteca Julio Cortázar, na conmemoración do cento vintecinco aniversario do pasamento da escritora de Padrón.
à inauguración tamén asistiron o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, o ministro de Cultura do Goberno da Cidade de Bos Aires, Hernán Lombardi, e a directora do Libro do Goberno da Cidade de Bos Aires, Alejandra RamÃrez.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.