
Xacobeo 2010 presentou Cantigas do Camiño, un completo disco-libro composto por trece cancións interpretadas por destacados artistas galegos. O nexo común destas composicións é que todas son obras inspiradas, dun ou doutro xeito, no Camiño de Santiago. Este disco, que hoxe mesmo se pon á venda, enmárcase no ciclo Xacobeo RaÃces, que presenta un programa extraordinario de 12 concertos en cidades e pobos de toda Galicia e un concerto especial en Madrid. En total, participan nel 25 artistas e agrupación galegas.
O proxecto Cantigas do Camiño, dirixido aos peregrinos de todo o mundo que visitan Galicia e aos que soñan con facer o camiño, presentase en dous formatos diferentes. Deste xeito, pode adquirirse o disco xunto cun libro escrito en galego, español e inglés, nunha edición de luxo de 90 páxinas na que se inclúen ilustracións e textos que xiran ao redor do Camiño de Santiago, asà como fotos e letras de cada unha das cancións dos artistas participantes. Ao mesmo tempo, editouse un disco en formato estándar, que será distribuÃdo en exclusiva en máis de 400 supermercados do grupo Gadisa a un prezo especial de 4.95€.
Na rolda de prensa de presentación, celebrada hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago, participaron o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, o director de BOA-Do fol música, Fernando Luaces, e o director de Marketing de Gadisa, Antonio Cortés. Asemade, a presentación contou coa actuación do grupo Vaamonde, Lamas e Romero.
O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou que o disco Cantigas do Camiño “é un ambicioso proxecto que dá unha idea clara do peso que a música nacida en Galicia e a súa cultura teñen dentro das celebracións do Ano Santo”. Asemade, recalcou que o CD, formado por 13 composicións que xiran ao redor das rutas xacobeas, “é froito dun gran traballo dirixido a poñer son á peregrinación polos diferentes camiños”.
O disco Cantigas do Camiño é un proxecto colectivo en forma de disco que recolle en cada canción unha busca creativa complexa, necesaria para compoñer unha obra inspirada e relacionada co Camiño de Santiago. Esta visión da música que representa ao Camiño de Santiago é herdeira de centos de anos de tradición musical, pero tamén é unha proposta persoal e contemporánea. Os artistas participantes neste disco constitúen unha magnÃfica representación da música de Galicia, unha música única no mundo, con personalidade e son de seu. A iniciativa foi posible grazas á colaboración e esforzo dos artistas que teñen creado cada canción especialmente para este disco e tamén de todos os profesionais, fotógrafos, ilustradores, técnicos e enxeñeiros de son que participaron nas gravacións.
No disco participan os seguintes artistas galegos: Susana Seivane, Faltriqueira, Guadi Galego & Vaamonde, Lamas e Romero, UxÃa, LeilÃa, Luar na lubre, Sondeseu, Fuxan os ventos, Treixadura, Milladoiro, Bonovo, Emilio Rúa e Berrogüetto.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.