Notas de prensa

Oito centros galegos de FP participan na 9ª Feira Internacional de Empresas Simuladas en Cataluña

A Consellería de Educación, en colaboración con BIC Galicia, impulsa a presenza de oito centros de Formación Profesional (FP) galegos na 9ª Feira Internacional de Empresas Simuladas que se celebra ata o 19 de marzo en Barcelona. Presentan as empresas virtuais creadas e xestionadas en Galicia a través de FP Simula.

Oito centros galegos que imparten ensinanzas de formación profesional participan na 9ª feira internacional de empresas simuladas, que se celebra en Barcelona do 17 ao 19 de marzo, grazas ás actuacións de fomento do espírito emprendedor en Galicia que realiza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), dependente da Consellería de Economía e Industria.

Esta feira que se celebra cada dous anos forma parte do programa FP SIMULA, dirixido ao alumnado de formación profesional. Nela, os representantes galegos - oito centros e 26 alumnos e alumnas acompañados polos seus respectivos profesores- exporán as empresas virtuais creadas e xestionadas en Galicia, a través de FP SIMULA. A expedición galega de Galicia amosarán diversas actividades económicas tales como téxtil, informática e comunicación, hostalaría, distribución, imaxe, ou turismo, entre outras.

No tocante ás empresas simuladas, o IES Fernando Wirtz (A Coruña) presenta Téxtil Wirtz S.L.S., de confección e venda de prendas de roupa exterior, vinculada ao ciclo superior en Administración e finanzas. Tamén en relación con este ciclo formativo, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol acude á feira con Mobles Ucha S.L.S, de comercialización de mobles; o IES Portovello de Ourense presenta Balnearios Portovello S.L.S, empresa de servizos de hostalaría, hidroterapia e venda de produtos cosméticos; o IES A Guía de Vigo explicará a creación de Gallaecia de distribucións S.L.S, especializada na distribución de produtos galegos con denominación de orixe; e o CIFP de Fene exporá VyS Fene S.L.S., de venta e servizos informáticos a empresas. Pola súa parte, os alumnos e alumnas do ciclos superior en Axencias de viaxes do CIFP A Farixa (Ourense), acoden á cita barcelonesa para presentar Farixa-T S.L.S, simulación dunha empresa de compravenda de equipos informáticos, instalacións de redes e páxinas web; mentres que os estudantes de ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos do CIFP Compostela falarán do proxecto Hotel Compostela S.L.S. Tamén na liña dos ciclos formativos de Información e comercialización turísticas e de Axencias de viaxes, o CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo exporá VPA TR@VEL S.L.S, que desenvolve actividades das axencias de viaxes maioristas e minoristas, e de outras actividades de apoio turístico.

Oportunidades internacionais

O programa FP SIMULA é unha das liñas do proxecto FP PLUS que a Consellería de Educación está a desenvolver en aras da innovación educativa e o desenvolvemento de proxectos empresariais entre o alumando de formación profesional. Na actualidade son doce os centros que participan no programa FP Simula coas súas respectivas empresas de simulación.

Os centros de toda España que aplican o programa de simulación forman unha extensa rede comercial entre eles, comprando e vendendo os seus produtos e servizos. Esta rede está integrada así mesmo en Europen, programa que reúne a todas as redes de simulación a nivel mundial e que actualmente participan Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Canadá, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Holanda, Italia, Lituania, Noruega, Polonia, República Checa, Romanía, Suíza, Suecia, China e España.

Esta feira é a oportunidade para que os participantes que dende os centros educativos crean e desenvolven as súas empresas, podan entrar en contacto directo cos seus clientes tanto nacionais como internacionais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-03-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (francisco_jorquera.jpg) La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
Foto de la tercera plana (isaac_diaz_pardo_ok.jpg) La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.

Notas

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Teatro Principal de Compostela a curtametraxe interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa "Conversa cunha muller morta". Aborda o drama da violencia de xénero desde unha visión máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social.
Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Eleccións: Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania