
A normalidade foi a nota característica na segunda xornada de apagados analóxicos dentro da terceira e última fase de incorporación de Galicia á Televisión Dixital Terrestre. Procedeuse ao cese de sinal dos emisores analóxicos denominados ‘As Neves’ e ‘Arbo’ o que supuxo a incorporación á TDT do concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas. Os apagados producíronse sen que, polo momento, se rexistrasen incidencias técnicas salientables. Os acendidos dixitais de hoxe benefician aos 48.176 habitantes destes municipios, que poden ver a televisión unicamente a través do sinal dixital.
Os vindeiros ceses analóxicos desta Área Técnica de Domaio produciranse o día 23 deste mes, nos emisores ‘Cañiza’ e ‘Carril’. Os concellos que se beneficiarán do seu paso á TDT serán os de A Cañiza, Covelo e a unha parte de Vilagarcía de Arousa, o que suporá a incorporación doutros 10.108 habitantes ao novo sistema de televisión dixital.
O seguinte cese nesta Área Técnica producirase o día 24 e afectará aos emisores ‘Meis’ e ‘Moaña’, mentres que os concellos beneficiados serán os de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e, parcialmente, o de Moaña. É dicir, 45.507 habitantes máis incorporados á TDT.
Área técnica de O Páramo (Lugo)
Polo que se refire a Área Técnica de O Páramo, en Lugo, hai que sinalar que o vindeiro cese analóxico será o día 22 de marzo, nos emisores ‘Ribeira de Piquín’, ‘Ribeira de Piquín II’ e ‘Vilalba’. Os concellos beneficiados serán os de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, sendo un total de 17.999 habitantes máis incorporados ese día á TDT.
O día seguinte, 23 de marzo, producirase o cese analóxico dos emisores ‘Becerreá’, ‘Conforto’, ‘Puentenuevo’, ‘Puentenuevo II’, ‘Vilameá’, ‘Sanpayo’ e ‘Viveiro’. Os novos concellos que pasarán a recibir sinal de TDT serán os de Becerreá, A Pontenova, Viveiro e Ourol, aportando 34.642 habitantes.
Como resumo pódese dicir que esta terceira e última fase do apagado analóxico, que comezou o pasado día 10 beneficiará a preto de 1.300.000 galegos das provincias de Lugo e Pontevedra, así como a cinco concellos de A Coruña. Esta fase finalizará o 2 de abril.
Fases I e II
Máis de millón e medio de galegos ven xa exclusivamente a TDT tras a conclusión das fases I e II do Plan nacional para o apagado analóxico, que se desenvolveron entre o 18 de xaneiro e o 1 de febreiro. Isto supón que o 56% dos cidadáns da nosa Comunidade, pertencentes a 203 concellos, quedaron incorporados á TDT.
O Goberno galego continúa co servizo de atención telefónica ao cidadán sobre a TDT co obxectivo de dar unha resposta máis áxil ás posibles dúbidas que lle poidan xurdir sobre todo este proceso tecnolóxico. Neste sentido funciona –como xa sucedeu durante a primeira fase de implantación da TDT- o 012, para atender as consultas. Os cidadáns tamén poderán obter información a través da páxina web www.tdtgalicia.es.
Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.
