
No Centro Multimedia da Xunta de Galicia en Santiago presentouse a GuÃa das Webs de Galicia, editada por Interdix Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia.
A GuÃa, editada a toda cor, recolle –en idioma galego- información sobre 4.800 webs galegas, moitas delas reflectindo a súa páxina principal, das que figuran no portal WebsGalicia (www.websgalicia.com), incluÃdo dentro da plataforma na Rede GaliciaDigital (www.galiciadigital.com).
Esta plataforma, cun total de 27 portais relativos a Galicia, recibiu no pasado ano máis de 7.300.000 visitas, con máis de 40.000.000 de páxinas vistas. Un deses portais é WebsGalicia (www.websgalicia.com), no que os promotores da plataforma levan traballando dez anos, e no que figuran arredor de cinco mil páxinas web galegas.
A GuÃa das Webs de Galicia, que recolle invitación ás webs non incluÃdas para que se inscriban no Portal, está xa á venda ó prezo de 5€ nos quioscos de prensa de Galicia (distribuÃda por Boreal), encargándose Editorial Galaxia da distribución ás librerÃas.
A guÃa que presentamos é o froito de dez anos de traballo de pescuda de páxinas
web de Galicia, dentro do portal de Internet WebsGalicia (www.websgalicia.com), un
dos vinte e sete que posúe a plataforma GaliciaDigital (www.galiciadigital.com).
GaliciaDigital nace en 2000 – cumprimos agora dez anos – como unha iniciativa
empresarial de carácter familiar, coa intención de propiciar unha plataforma en
Internet que servise de fiestra de Galicia cara o exterior pero tamén para desde Galicia
acceder á realidade galega nos máis diversos ámbitos.
Neste momento temos vinte e sete portais entre informativos e técnicos, que o ano
2009 rexistraron máis de 7.300.000 visitas con máis de 40.000.000 páxinas vistas. Se a
evolución destes tres primeiros meses se mantén, ó final de 2010 alcanzaremos os
9.000.000 de visitas e os 50.000.000 páxinas.
En concreto, o portal WebsGalicia (www.websgalicia.com), un dos primeiros en ser
creados e que recibe arredor de 1.500 visitas diarias, foi posuÃndo información de webs
galegas, dÃa a dÃa, averiguando unha a unha porque non existe un rexistro público de
páxinas relacionadas con Galicia, ata que chegando a ter preto de 5.000 pareceunos
chegado o momento de publicar esta información en libro, como unha guÃa
tradicional, para proporcionar un instrumento que coidamos de grande interese para todas as empresas, autónomos, particulares e institucións, mesmo pensando que a
introdución de Internet en Galicia –con ser paulatina e importante– precisa de
instrumentos coma este para levar cada dÃa a máis galegos cara a Rede, xa imprescindible para a cultura, a economÃa ou o lecer.
Obtemos asà unha publicación con dobre enfoque ou valor: Un directorio de páxinas
web galegas, de utilidade para todos; e unha especie de “radiografÃa” da presenza
galega en Internet, clasificada por categorÃas ou grupos de actividade.
A GuÃa, con ser un instrumento de confección recente, é o resume dun traballo diario
nun sector en pleno desenvolvemento e con frecuentes cambios, tanto de
incorporación como de desaparición de webs, que fai que a cotÃo teñamos que estar
contrastando os nosos datos.
Sacamos a primeira edición desta GUÃA DE WEBS DE GALICIA, agardando poder no futuro efectuar novas publicacións con máis webs, adaptadas á realidade de cada
momento, e por Iso a GuÃa recolle a chamada para as empresas que non se vexan
reflectidas nestas páxinas a que nos manden os seus datos para incorporalas ás nosas
bases de datos.
Da guÃa fÃxose unha tirada de 7.500 exemplares para a súa distribución ó público, máis
os correspondentes ás entidades colaboradoras, que efectuarán a súa propia
distribución. Os exemplares están xa nas librerÃas de Galicia, distribuÃdos a través de
Editorial Galaxia, e nos quioscos de prensa en campaña coordinada por Distribuidora
Boreal, polo que xa poden ser adquiridos na maiorÃa dos puntos de venta de Galicia.
Sinal do impacto que esta publicación está tendo é que nos últimos dÃas as visitas
diarias o portal www.websgalicia.com que viñan sendo de arredor de 1.500 ó dÃa
téñense practicamente triplicado, mesmo antes desta presentación oficial e polo tanto
de que aparecesen referencias nos medios informativos nin na nosa Plataforma dixital.
A empresa Interdix Galicia, impulsora da Plataforma GaliciaDigital, quere agradecer á
Xunta de Galicia – especialmente á SecretarÃa Xeral de Medios- o seu apoio moral e
material a esta iniciativa, e a cesión destas instalacións para a presentación da GuÃa ós
Medios; agradecemento extensivo ó resto de institucións e empresas que colaboraron
na publicación para facela unha realidade.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.